Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida de Nigrán denuncia a previsión do PXOM de urbanizar 62 viviendas sobre terreos dotacionais do colexio de Panxón

Esquerda Unida de Nigrán denuncia a previsión do PXOM de urbanizar 62 viviendas sobre terreos dotacionais do colexio de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Os terreos sitúanse pola parte norte do colexio de Panxón
Comparativas do documento de avance e o último documento en fase previa de aprobación inicial
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A formación de esquerdas denuncia que o novo PXOM de Nigrán pretender recalificar uns terreos rústicos que permitirían a urbanización de 62 vivendas, nun novo PERI que abarcaría terreos do colexio de Panxón destinados a equipamentos educativos.

A recalaficación destes terreos rústicos permitirían ao seu dono a posibilidade de edificar 62 viviendas cunha superficie de construción de 6300 metros cadrados.

Fontes consultadas sinalan a que a titularidade destes terreos estarían en mans dunha persoa que estivo vinculada durante moitos anos á politica municipal.

Dous meses despois, e pese a que o goberno municipal se negase a ensinar o documento urbanístico de xeito oficial, as diferenzas comezan a aflorar na comparativa do documento de avance e do "suposto" documento que se pretende levar á modificación incial.

Esquerda Unida de Nigrán denunciou onte nun comunicado as diferencias detectadas no novo documento do PXOM que o goberno de Nigrán pretende aprobar nunha carreira "express" que non conta co respaldo maioritario nin de entidades veciñais nin de partidos da oposición.

Depois das denuncias realizadas meses atrás polo PSOE sobre os cambios respecto ao documento de avance elaborado durante o mandato socialista, Esquerda Unida denuncia outro cambio nesta sorte de "xogo das diferencias" entre ambos documentos. Os primeiros cambios en sinalarse foron Monte Lourido e Monteferro cun aumento considerable de edificabilidade nestas zonas costeiras, cando paradóxicamente o novo Plan de Ordenación do Litoral (POL) restrinxe a edificabilidade a zonas como as Angustias ou Condominguez, onde as ondas do mar non chegan a asomar.

A seguinte denuncia foi sobre unha recalificación no novo PXOM dun terreo na desembocadura do río Muiños en Praia América, que o concello utilizou como parking o pasado verán e que o novo documento "filtrado" xustificaba a edificabildiade de 4 alturas para "completar el tejido urbano generando una fachada hacia la playa y dotando su ámbito de espacios públicos y nuevas zonas de aparcamiento, como remate del parque fluvial"; nembargantes os informes da Xunta de Galicia desterraban esta xustificación dada a proximidade co entorno fluvial do Río Muíños e a densidade da edificación.

Unha lotería de 15 millóns de euros.

 

Esquerda Unida de Nigrán, partido sen representación municipal, denuncia que segundo se apunta na memoria do avance do PXOM de Nigrán, "os equipamento educativos son os destinados a satisfacer as necesidades formativas da poboación, a preparación para a plena insercción na sociedade e a capacitación para a súa participación nas actividades productivas." Dentro destes equipamentos atoparíase o citado Colexio de Panxón. "Como se pode ver nos planos anteriores, parte do equipamento educativo pasa a estar n oámbito de xestión do PERI-1. Ademais de pasar de equipamento docente a urbanizable para vivendas. Sos datos do borrador do PXOM, despréndese que se produce un aumento da edificabilidade de forma esaxerada. Neste caso, dito ámbito pasa de ser solo rústico a ser solo urbán cunha edificabilidade de 0.55, unha das maís altas do PXOM."

As citadas parcelas pasarían de poder construir 2 viviendas á posibilidade de construir 62 cunha superficietotal de 6.239 metros cadrados construídos e según os cálculos feitos pola formación de esquerdas, o valor de recalificación dos novos terreos pasaría aos 15 millóns de euros (2.500 millóns das antigas pesetas) tendo en conta un valor medio de 2.500 euros/metro cadrado que ten actualmente o concello de Nigrán, pese a que os importes nos terreos da costa son máis elevados.

Esquerda Unida lanza a pregunta retórica "de quenes son os beneficiarios deste aumento da edificabilidade nestas parcelas" pero non dan pistas ningunha do dono ou donos das citadas parcelas.

Fontes consultadas por valminor.info sinalan que a titularidade estaría en mans dunha persoa que estivo vinculada durante moitos anos á política municipal, ainda que preferiron non dar nomes polo de agora.