Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona acolle a inversores de Bélxica, Reino Unido e Francia en busca de "gangas" inmobiliarias

Baiona acolle a inversores de Bélxica, Reino Unido e Francia en busca de "gangas" inmobiliarias

Correo-e Imprimir PDF
O PXOM de Nigrán prevé a construcción de edificios de 4 alturas en primeira liña en Praia América

Promotores do Reino Unido, Bélxica e Francia están percorrendo distintas vivendas e urbanizacións na primeira liña da costa en Ares, A Coruña, Ribeira, A Illa, A Toxa, O Grove, Sanxenxo, Vigo e Baiona

A previsión de crecemento de habitantes censados en Baiona para os próximos 20 anos é de apenas 1257 habitantes, fronte aos 8872 previstos no PXOM. 

Galicia non sufriu a burbulla inmobiliaria na mesma medida que a costa mediterránea, por exemplo. Pero son centos as vivendas e urbanizacións baleiras na procura de compradores e que no non atopan interesados no chamado mercado interno, á espera de que os prezos baixen moito máis do que xa o fixeron. E as promotoras e entidades bancarias están moi necesitadas de colocar esas casas. En Grecia falouse da posibilidade de que investidores alemáns se fixesen con algunhas das illas do Mar Exeo. A costa galega está en venda e neste momento aqueles que queiran investir en propiedades inmobiliarias poden atopar algunhas a prezos moi reducidos.  

Hai unhas semanas creábase a Asociación Comercial Inmobiliaria Gallega en Exterior, ACIGEX, que nacía como resposta á escasa demanda de vivenda no mercado local. Polo de agora a asociación está composta por Urban, Maexpa, Dovasa, Xesterreo e Montemar. A ACIGEX comezou a organizar misións inversas co obxectivo de "que o mercado estranxeiro descobra o potencial de investimento que existe en Galicia, dados os baixos prezos dos inmobles e a calidade turística diferenciada da comunidade". A intención é buscar novos clientes para máis de 1.000 vivendas unifamiliares e ACIGEX asegura que "esta actividade suporá un incremento de máis de catro mil turistas estables para a nosa Comunidade, cun poder adquisitivo medio e alto". Estas accións contan coa colaboración da Xunta a través do IGAPE.

Promotores do Reino Unido, Bélxica e Francia están percorrendo distintas vivendas e urbanizacións na primeira liña da costa en Ares, A Coruña, Ribeira, A Illa, A Toxa, O Grove, Sanxenxo, Vigo e Baiona

Na primeira destas misións un grupo de empresarios norteamericanos visitou a costa galega. E na segunda, que se está desenvolvendo estes días, son promotores do Reino Unido, Bélxica e Francia os que están percorrendo distintas vivendas e urbanizacións na primeira liña da costa en Ares, A Coruña, Ribeira, A Illa, A Toxa, O Grove, Sanxenxo, Vigo e Baiona. As viaxes inclúen tamén visitas turisticas en Santiago de Compostela, á catedral, ao Códice o xantares e ceas con "gastronomía típica".

Os cálculos errados dos PXOMS de Nigrán e Baiona.

O concello de Baiona, pese a non ter un crecemento negativo de poboación como ocorre en Nigrán, o seu crecemento poboacional diminuiu dende o ano 2007 ate chegar a un crecemento interanual do 0,86%.

Dende o ano 2007 a 2011, o censo de Baiona aumentou só 419 habitantes o que supón que en 15 anos o concello incrementaría o seu número de veciños en 1257 habitantes. Ainda que estes datos ainda non reflicten o éxodo que se está a producir por mor da crise no ano 2012 cara a outros destinos europeos, o que sí é certo é que esta cifra dista moito dos 8872 habitantes calculados no informe técnico do novo Plan Xeral Municipal en marcha dende 2008, datos que xustificaban o incremento da construcción de máis viviendas en Baiona.

A crise de 2009, e o pinchazo do "boom" especulativo da vivenda, poñen de manifesto novamente a insostibilidade dos datos reflictidos no plan, onde claramente, ao igual que ocorre en outros municipios costeiros como Nigrán, existen un exceso de vivenda construída, exceso que demostra que estas vivendas tiñan un único afán especulativo e non estaban segudios por una demanda real de necesidades do propio municipio.

O caso de Nigrán ainda é moito máis alarmente, xa que o novo PXOM en fase de redacción e á espera da súa aprobación inicial, prevé construir 8200 vivendas novas e cuns datos de crecemento de poboación negativos dende 2009 onde perdeu ate 2011, 142 habitantes censados, contando cun padrón en 2011 de 17.871 censados.