Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida e UCN-CDL critican a falta de claridade do concello de Nigrán na redacción do PXOM

Esquerda Unida e UCN-CDL critican a falta de claridade do concello de Nigrán na redacción do PXOM

Correo-e Imprimir PDF
O PXOM contempla a construcción completa de toda a fachada de costa
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte


Esquerda Unida denuncia a falta de claridade do concello no referente á redacción do PXOM, así como os numerosos erros que hai no documento presentado aos colectivos veciñais.

UCN-CDL sostén que é preciso que a Xunta emita un novo informe previo á aprobación inicial no pleno porque dubida que se estean cumprindo as esixencias requeridas nos informes sectoriais.

Esquerda Unida asegura que o documento entregado aos colectivos ten numerosos erros.

O portavoz de Esquerda Unida  de Nigrán, José Cuevas, criticou as declaracións do alcalde de Nigrán en referencia ao traballo realizado polas asociacións á hora de ensinar o último documento do PXOM entregado dende o concello. O rexedor advertía que esa documentación non era a definitiva e podería sufrir cambios logo dos pertinentes informes, e aseguraba que a única información urbanística válida sería a que ensinase o seu goberno parroquia por parroquia. Cuevas sinala que "se ben é verdade que non vai a ser o que definitivamente se leve á aprobación inicial, xa que aínda ten erros graves, en liñas xerais e fundamentais o documento debería ser o que se entregou, xa que doutro xeito o alcalde estaría a xogar cos colectivos veciñais."

Como exemplo, Esquerda Unida indica que no apartado 6. do documento da memoria xustificativa, relativo ao resumo de equipamentos e zonas verdes existentes, figura o equipamento cultural co nome de EQ-3 como executado (nos planos adxunto figura co número 76), cando no lugar non hai ningún equipamento cultural, como se pode ver na seguinte imaxe.

Cuevas lembra que os servizos técnicos e xurídicos municipais deberán emitir un informe respecto á conformidade do plan coa lexislación vixente e á calidade técnica da ordenación proxectada, antes de enviarllo á consellería competente en urbanismo, pero advirte que si en cada modificación que faga o equipo redactor vanse a emitir novos informes, a elaboración do PXOM podería eternizarse.

Por outra parte, segundo José Cuevas "dá a impresión de que hai un PXOM oculto que non se quere ensinar, xa que existen diferenzas significativas entre o documento enviado á Xunta de Galicia a principios de 2012 e o entregado en outubro aos colectivos veciñais, que non se xustifican polos informes emitidos pola Xunta de Galicia." 

Antonio Fernández cuestiona a viavilidade técnica e económica do PXOM

Fernández mantén a súa postura de que o documento non estará aprobado nesta lexislatura segundo o seu último análise realizado. Fernández cuestiona a viavilidade técnica e económico-financieira do Plan, e pon sobre a mesa a posibilidade que se rescinda o contrato coa empresa redactora por "incapacidad y grave incuplimiento del plazo aprobacción definitiva 18 meses, cuando ya van más de 50 meses desde junio de 2008 que se adjudicó!." Fernández insiste en que leva denunciando a situación en varios Plenos, co actual goberno municipal e co anterior mandato socialista, e segundo sinala non se adoptaron as medidas necesarias. O portavoz centrista fala de esixir responsabilidades neste asunto.

Os cambios dos usos do chan

Fernández considera moi grave que a empresa redactora presentase un documento que "ni tan siquiera dé  respuesta al demoledor informe emitido por la Xunta o la justificación técnica que ampare el no aceptar las modificaciones indicadas, ni subsanar los informes desfavorables sectoriales de Aguas de Galicia, infraestructuras, costas etc)." Engade que o máis grave é que se estea a modificar o modelo de crecemento do Plan, pasando fincas urbanizables de vivenda unifamiliar ailladas a vivendas colectivas e en altura, así como transformar chan rústico/forestal en urbanizable industrial, sen contemplar viais de acceso e nin respetar o propio corredor ecolóxico do Plan de Ordenación Litoral.

Cartografía non actualizada.

Fernández, ao igual que o portavoz de EU José Cuevas, sinala que o documento utiliza cartografía antiga e sen actualizar, que non recolle a realidade do municipio, "el Plan falla por la base" e engade Fernández que "álguien tendrá que explicar por qué no se utilizó la cartografía actualizada que tiene el ayuntamiento".

O lider de UCN-CDL sostén que é preciso que a Xunta emita un novo informe, previo á aprobación inicial no Pleno o que suporía un paso atrás na redacción do documento. "No creo que supere el mínimo informe de los técnicos municipales. Precisamente, el 12 de noviembre me denegaron los informes de los técnicos que solicité, alegando que todavia no están completos. Hoy he vuelto a reiterar la petición, que me consta ya fueron emitidos el jurídico y técnico, faltando solamente el económico, para que entreguen los que ya existen y poder seguir analizando el documento."

Fernández acusa ao alcalde de Nigrán de conducir o PXOM a "un callejón sin salida" e mantén a súa opinión de que non se poderá aprobar nesta lexislaturam logo de que, a seu xuizo, o alcalde "haya sacado pecho en más una ocasión". "Ahora estamos pagando las consecuencias de los errores del pasado, fué un grave error del PSOE al sacar a concurso un plan por 200.000 euros, solo el importe de la subvención de la Xunta, y que nuestro grupo, así como los socios entonces advertimos, sin que el alcalde ni el entonces concejal de urbanismo hicieran caso alguno. Ahora vemos las consecuencias. Los planes hay que pagarlos bien si queremos que concurran empresas de primer nivel, y para muestra un botón."