Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Cunha acusación de transfuguismo, o alcalde de Nigrán cesa ao concelleiro de Urbanimo, Ignacio Vilas

Cunha acusación de transfuguismo, o alcalde de Nigrán cesa ao concelleiro de Urbanimo, Ignacio Vilas

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde, Núñez Feijoo e Ignacio Vilas - Foto Xunta de Galicia

O concelleiro de urbanismo e man dereita do alcalde de Nigrán ,Ignacio Vilas, renuncia por escrito a todos os seus cargos.
O rexedor municipal cesou hoxe do seu cargo ao concelleiro de Urbanismo e Tenente de Alcalde, ao que acusa de "tránsfuga".
O xa ex-tenente de alcalde e ex-concelleiro de Urbanismo e medioambiente, Ignacio Vilas, manifestou nestes días que as súas explicacións e motivos os daría no próximo pleno municipal.

Confírmase a escisión no goberno municipal de Nigrán, onde o seu tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo presentou de oficio a renuncia a todos os seus cargos dentro do equipo de goberno, así como a baixa na militancia do Partido Popular. Valverde anunciou o seu "cese de forma inmediata".

Nun comunicado, Valverde lamenta que o até agora concelleiro popular non entendese a reestruturación interna do equipo de goberno. Manifesta que expuxo aos seus oito concelleiros unha reestruturación interna mediante a que se traspasaba a tenencia de alcaldía ao número 3, o edil de Economía e Facenda, Alberto García, e mantiña a Ignacio Vilas todas as súas funcións na concelleira de Urbanismo.

O alcalde manifesta que estes cambios responden a “Un replanteamiento interno dirigido a mejorar el equipo de gobierno que fue compartido por el resto de miembros del equipo de gobierno, pero no por Vilas” pese a que fai uns días sinalaba dun xeito unha compensación aos concelleiros "máis implicados" co goberno; deste xeito o xornal Atlántico Diario recollía o pasado 11 de setembro as declaracións do rexedor “Después de cumplir algo más de dos años de mandato replanteamos una variación en la estructura interna del gobierno en función de la trayectoria, implicación y reparto de responsabilidades de sus integrantes”,

Valverde califica a Vilas como un "tránsfuga"

No comunicado, Valverde lamenta tanto a decisión tomada por Vilas como o seu proceder- "No solo no ha entendido la restructuración planteada, sino que no ha sido capaz de notificar personalmente su decisión, ya que no ha respondido a ninguna de las llamadas que mis compañeros y yo hemos realizado. Ha preferido convertirse en un tránsfuga que dar la cara a sus compañeros, y al municipio, conclúe.

O posto de Tenente de Alcalde será ocupado polo número 3 do equipo de goberno, o edil de Economía, Facenda e Contratación, Alberto García Pazos. As competencias de Urbanismo e Medioambiente de Ignacio Vilas serán asumidas polo alcalde de Nigrán.

A baixa do concelleiro apenas suporá un aforro para as arcas municipais.

O cese de Ignacio Vilas non suporá un aforro moi grande no gasto en soldos da corporación xa que pese a ostentar o cargo de tenente de alcalde e a concellería de urbanismo, o concelleiro percibía un montante de 16.000 euros /brutos anuais, o mesmo importe que recibe a concelleira de Sanidade e Servicios Sociais.

Pola contra os soldos máis caros da corporación corresponden ao propio alcalde, Alberto Valverde, cun soldo de 45.000 euros / ano, Liliana Silva (Turismo, Cultura e Deportes) con 32.000 euros / anos e  a Jose Álvarez (Vías e obras) co outros 32.000 euros anuais.

Unha vez liberada a media dedicación de Vilas, descoñécese o importe que pasará a cobrar o actual concelleiro de Facenda e próximo tenente de Alcalde.