Martes, 21 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Nigrán UCN propón trasladar o CEIP Humberto Juanes e substituílo por un parque público con aparcadoiros subterráneos.

UCN propón trasladar o CEIP Humberto Juanes e substituílo por un parque público con aparcadoiros subterráneos.

Correo-e Imprimir PDF
ucn-cdl
Download this file (ALEGACION PXOM UCN.13.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-O concelleiro Fernández Comesaña entende que a localización do centro escolar non é adecuada e sinala a zona de Porto do Molle como a máis axeitada.

-A proposta é parte das 16 alegacións que a formación centrista presentou ao PXOM de Nigrán durante o período de exposición pública.

-UCN tamén propón unha nova localización para a Praza de Abastos da Ramallosa que permita unha futura ampliación das súas instalacións.

A opositora Unión Centrista de Nigrán (UCN-CDL) deu a coñecer este luns un conxunto de 16 alegacións ao PXOM presentadas durante o período de exposición pública do documento. Entre elas, o traslado do CEIP Humberto Juanes, a carón do Concello, “a un área de equipamiento educativo-deportivo, que bien podría ser en las inmediaciones del Parque empresarial de Porto do Molle”. No seu lugar, o concelleiro Antonio Fernández Comesaña, propón a construción dun “gran parque público con aparcamiento subterráneo incluido en su ámbito, por su especial ubicación en el centro urbano, donde se ubican edificios administrativos, oficinas bancarias y zona comercial abierta, lo que ayudaría a su dinamización comercial, al incorporar un gran espacio como zona de esparcimiento urbano en el centro de Nigrán con aparcamientos tan necesarios y que no dispone actualmente, lo que creemos ayudará a mejorar la calidad de vida y el bienestar de los vecinos”, segundo sinala no documento de alegación, presentado o pasado mércores 2 de outubro.

Fernández entende que manter o centro de ensino é contraditorio coa previsión do PXOM de incrementar a edificabilidade na zona (PERI 10 VILAMEAN I, SX (A) ZV 10, SX (A) EQ 11 VILAMEAN), porque ao medrar o número de vivendas no entorno “generará forzosamente mayores problemas a los ya existentes. Por lo que no compartimos la propuesta, ni de una zona verde (ZV de 1.139 M2), por el peligro que supone al estar colindante con la PO-525 de tráfico intenso, ni el equipamiento educativo (EQ  de 3.397 m2), para ampliación del centro escolar, que agravará todavía más los problemas actuales, además de muy difícil ejecución, por vincular su obtención al desarrollo urbanístico de los PERIS 9, 10 y 11, por lo que resultará inviable técnica y económicamente la propuesta planteada”.

Os centristas propón un novo emprazamento para a Praza de Abastos  da Ramallosa.

Outra das pegas ao documento do PXOM da UCN-CDL refire aos espazos dotacionais. Nese senso sinalan que o actual documento urbanístico non contempla a posibilidade dunha nova localización para a Praza de Abastos da Ramallosa. Punto que entenden “sería interesante estudiar”, pois o edificio atópase sobre o río Miñor, a pé da Avenida de Portugal ( Crtra. Ramallosa -Gondomar), “sin posibilidad de crecimiento alguno”, razonan.

Máis críticas ao PXOM

O primeiro dos puntos abordados no documento centrista é a delimitación de núcleos rurais e comúns que plantexa o PXOM. Sinalan que na súa maioría quedan coas especificacións xa dadas polas normas subsidiarias pero cunha serie de engadidos que non só “constituye un claro retroceso sobre las condiciones edificatorias actuales”, senón que por riba,” dejará en situación de FUERA DE ORDENACIÓN las múltiples edificaciones con licencias concedidas al amparo de dichas normas”.

Outros puntos alegados parten de denuncias e alertas que Fernández Comesaña estivo a desenvolver dende os comezos do debate do documento. Nomeadamente a utilización dunha cartografía desactualizada, pouca previsión de novos aparcadoiros de superficie e subterráneos, insuficiente trazado e previsión das vías de comunicacións, a eliminación da vía de alta capacidade (Saíans - Porto do Molle), así como diversas fallas nos estudos económicos, financeiros e urbanísticos nos que se basea o documento elaborado polo equipo redactor.

Adxunto o documento coas 16 alegacións presentadas polo concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) ao PXOM de Nigrán.

Attachments:
File
Alegacións UCN_CDL