Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia que o salón onde se expón os planos do PXOM de Nigrán leva un mes pechado.

UCN denuncia que o salón onde se expón os planos do PXOM de Nigrán leva un mes pechado.

Correo-e Imprimir PDF
cartel pxom nigran

-A agrupación UCN-CDL denuncia que o salón habilitado para a exposición pública do PXOM de Nigrán, permanece pechado fai un mes a pesar de estar en trámite de exposición pública.
O concelleiro Antonio Fernández (UCN-CDL), denuncia que o salón de plenos, habilitado como local para a exposición pública do PXOM, permanece pechado desde principios do mes de agosto, malia que o Pleno aprobou por unanimidade, ampliar o prazo de exposición ata o próximo día 3 outubro. Fernández asegura que comprobou persoalmente os feitos ao concorrer tanto o mércores como este xoves ao lugar, atopando pechado o ingreso ao devandito salón.

O denunciante esixe unha explicación urxente por parte do alcalde Alberto Valverde e do concelleiro de urbanismo Ignacio Vilas, para aclarar os feitos denunciados e os motivos polos que se ordenou pechar o salón de plenos, así como saber quen deu a orden.
Fernández entende que se está ante unha grave irregularidade que impide aos veciños "exercer o seu dereito a obter información e consulta do documento, polo que esiximos a súa inmediata apertura". Insiste en que esta situación vulnera "gravemente a lei, en particular o art. 85.2 da LOUGA" , polo que adianta que estuda a posibilidade de presentar denuncia, non descartando solicitar ampliar novamente, o prazo de exposición pública do PXOM.
Fernández Comesaña, acusa ao rexedor de Nigrán de esconder os plans aos veciños "o que vén demostrar a pouca ou nula vontade política do alcalde, ao negar información aos veciños sobre un asunto de vital importancia como é o PXOM, demostrando estar máis preocupado en resolver os conflitos internos dentro do seu propio grupo, no canto de atender as obrigacións propias do seu cargo".