Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN-CDL esixirá no pleno de Nigrán a rescisión do contrato co equipo redactor do PXOM.

UCN-CDL esixirá no pleno de Nigrán a rescisión do contrato co equipo redactor do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
ucn-cdl

-UCN-CDL presenta moción ao pleno solicitando a rescisión do contrato ao equipo redactor do PXOM, "por graves incumplimientos e irregularidades".

 

O portavoz da formación Antonio Fernández Comesaña, presentou moción para debater no próximo pleno, denunciando" os graves incumplimientos do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, adxudicado o día 25/6/2008 por un período de 18 meses, por parte do equipo redactor, propoñendo incoar expediente para rescindir o contrato, proceder á incautación da fianza, así como indemnización por danos e prexuízos".

Comesaña sinalou que unha vez analizados os informes dos técnicos municipais, os mesmos veñen confirmar "nosas peores sospeitas, cando advertiamos da inviabilidade técnica e económico-financeira do documento do PGOM", presentado para a súa aprobación inicial o pasado mes de setiembre.

O líder centrista denuncia á empresa por " incumplimientos no prazo, defectuosa documentación, baixa calidade técnica, cartografía desfasada", entre outras deficiencias. Sinala que todo isto suscita graves prexuízos económicos ao Concello, "facendo insoportable, non só o atraso acumulado, senón tamén, a perda de credibilidade técnica e de confianza no equipo redactor, que está demostrando pouca vontade e capacidade para realizar os traballos".

Ante tal situación, "non cabe máis que devolver o PXOM á empresa redactora, xa que resulta completamente inaceptable seguir acumulando máis atrasos, que suman xa 54 meses (catro anos e medio), no canto dos 18 fixados no contrato, que nin tan sequera se realizou a súa aprobación inicial", sinala o centrista.

UCN-CDL suma as irregularidades do PXOM

UCN denuncia "como moi grave" o feito de hipotecar o futuro desenvolvemento do rural, "ao clasificar CHAN RUSTICO DE ESPECIAL PROTECCION, que impedirá futuras transformacións de chan, facendo imposible o crecemento do municipio. Igualmente os sistemas xerais a obter por expropiación para zonas verdes de máis de 250.000m2: (SG-1 Parque Rabadeira-Panxón. SG-11-12 Praia Patos. SG-27 Porto Molle-Parada), vinculados a 16 urbanizables, son contrarios á LOUGA etc. "

Fernández Comesaña pide depurar responsabildades

Fernández Comesaña, pide tamén depurar responsabilidades políticas, e recorda, como na anterior legislatura tanto o ex-alcalde Juanes, como o seu concelleiro de urbanismo e actual portavoz socialista, Juan González., "repetían que o Plan quedaba cociñado e listo, para ser aprobado logo das eleccións locais, o que resultou ser completamente falso", agrega.

"De nada serviu aquel pacto -contra natura-, escenificado en decembre de2010 entre PP e PSOE para sacar xuntos o Plan, cando agora tíranse os trastos á cabeza, sendo ambos responsables do seu fracaso", conclue.