Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán gastará máis de 6000 euros en plenos este mes, cun pleno extraordinario para votar a cesión do contrato do PXOM

Nigrán gastará máis de 6000 euros en plenos este mes, cun pleno extraordinario para votar a cesión do contrato do PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Pleno de aprobación inicial do PXOM de Nigrán

Así o denunciou o BNG, contrario á celebración urxente dun pleno extraordinario co único tema da cesión contractual da redacción do PXOM.

Opinan que a convocatoria do alcalde non ten sentido cando xa estaba convocado o pleno ordinario tan só 15 días despois, e para un trámite que leva "meses paralizado".

Cada pleno cústalle ao concello máis de 3.000 euros polo que este mes a cifra duplicarase, tendo en conta que o cambio de horario dos plenos implica un gasto extra tamén para os funcionarios obrigados a asistir ao pleno.

O pleno extraordinario do vindeiro xoves 16 de outubro decidirá se o Concello de Nigrán acepta que a UTE Arnaiz ceda o contrato de redacción á empresa Eptisa. O Partido Popular presidido polo alcalde Alberto Valverde conta con 8 votos nun pleno de 17 membros para sacar adiante a medida. Hai 2 votos do grupo mixto (BNG e UCN) que xa adiantaron que votarán encontra. Os 6 edís do PSOE estaban á espera dun ditame económico e xurídico dos técnicos municipais para tomar a decisión final, aínda que meses atrás a agrupación posicionábase contraria á medida. Unha vez máis, o edil non adscrito e ex membro do equipo de goberno, Ignacio Vilas, podería ter o voto decisivo.


O BNG critica á convocatoria do pleno extraordinario só para discutir a cesión do contrato.
No seo da Comisión Informativa de Asuntos Xerais do pasado sábado, o BNG rexeitou á realización deste pleno extraordinario que terá como único punto a proposta de cesión do contrato de redacción do PXOM. O motivo de oposición segundo os nacionalistas "é que nin a dimensión, nin a urxencia do asunto a tratar, xustifican ter un monográfico sobre o tema, co importante custo que supón", próximo aos 3.000 euros.

En canto a súa dimensión, lembran que só decidirá sobre a cesión do contrato, "non sobre o Plan Xeral en si. Non vai ser, polo tanto, unha discusión sobre o modelo urbanístico senón apenas sobre a continuidade do contrato para a súa redacción". Respecto a urxencia, opinan que "non se entende que despois de meses de paralización do documento, non se poida esperar tan só dúas semanas ao pleno ordinario para incluílo no mesmo".

BNG e UCN son contrarios á cesión e partidarios de resolver o contrato actual. Coinciden na necesidade dunha nova contratación da parte que resta do documento, que inclúa xa, con todas as garantías, as correccións