Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán esixe aos socialistas que aclaren se manteñen ou non o pacto sobre o PXOM.

O PP de Nigrán esixe aos socialistas que aclaren se manteñen ou non o pacto sobre o PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
concello-en-obras

O alcalde electo de Nigrán, Alberto Valverde interpelou aos socialistas a confirmar ou rexeitar as declaracións do actual alcalde Efrén Juanes onde da por roto o pacto de colaboración celebrado entre ambos partidos no pasado mes de decembro. O líder dos populares de Nigrán alega que o PSOE non fixo ningunha comunicación oficial sobre este punto e "exige a Juan González que aclare si suscribe las declaraciones vertidas por Juanes". O episodio ten orixe nunha controversia xurdida a 72 horas das eleccións municipais cando os populares acusaron publicamente ao goberno de agochar un borrador do PXOM con fins electorais.

Daquela, os socialistas foron os que culparon a Valverde de romper o pacto que incluía a non utilización do PXOM no debate electoral. Argumentaron que o devandito borrador foi entregado aos técnicos municipais polo equipo redactor có fin de facer axustes e correccións de índole técnicas, e non agochaban ningunha intención electoral.  Días pasados, o alcalde Juanes declarou a "La Voz de Galicia" que Valverde "mintió descaradamente" nas súas manifestacións de campaña e que "ahora tendrá que pedir disculpas públicas si quiere que ese plan sea consensuado".

O líder popular "lamenta que el alcalde en funciones, Efrén Juanes, retome su vieja estrategia política de la confrontación antes de abandonar la alcaldía". Valverde sen embargo asegura que a pesar de contar cun goberno en maioría, "seguirá ofreciendo colaboración y participación tanto al PSOE como al resto de los grupos de la corporación para lograr entre todos la aprobación de un documento que Nigrán necesita de forma imperativa. "