Venres, 28 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Nigrán Os veciños de Chandebrito piden ampliar os núcleos rurais e maior protección ao patrimonio no PXOM de Nigrán.

Os veciños de Chandebrito piden ampliar os núcleos rurais e maior protección ao patrimonio no PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
chandebrito panel chan roto

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" anuncia a súa intención de presentar alegacións ao Plan Xeral de Organización Municipal de Nigrán, actualmente en exposición pública trala aprobación inicial. O colectivo sinala que tras un estudo da documentación atopáronse "numerosos e importantes erros", como a non inclusión de 38 bens culturais da parroquia que quedarían sen protección. Como primeiro paso convocan á veciñanza a participar dunha charla informativa na antiga escola infantil de Chandebrito, o vindeiro venres 13 de setembro ás 19 horas.

Ampliación dos núcleos rurais.
A Asociación tamén pretende solicitar a ampliación do solo de núcleo rural "para favorecer aos veciños; aínda que estas alegacións tamén van a depender do que opine e decida a maioría dos veciños desta parroquia", matizan.
Por outra banda, animan aos veciños "a que presenten as alegacións que consideren oportunas, para o que prestará a súa total disposición e colaboración gratuitamente co apoio dun técnico". O prazo para presentar alegacións ao documento do PXOM remata o vindeiro 4 de outubro.