Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán alega a insuficiencia de prazo previo para rexeitar a solicitude de reunión coas asociacións

O alcalde de Nigrán alega a insuficiencia de prazo previo para rexeitar a solicitude de reunión coas asociacións

Correo-e Imprimir PDF

O concello prevé a aprobación inicial do PXOM no mes de xuño

O Alcalde de Nigrán rexeita novamente a solicitude de convocatoria oficial do consello sectorial aludindo a unha falta de prazo na solicitude.

As últimas reunións convocadas polo concello para as reunións segregadas do consello sectorial, tiveron un prazo de apenas 48h e algunhas delas en horario labora de mañán.

O alcalde de Nigrán rexeitou novamente a solicitude de convocatoria realizada pola máioría das asociacións que conforman o Consello Sectorial, para unha reunión ordinaria; reunión que os colecitvos levan solicitando dende o pasado 27 de xaneiro, e que volveron a solicitar o 22 de maio e o 8 de xuño.

Alberto Valverde apunta no se escrito de resposta, ó artigo 8 das normas de funcionamento do Consello sectorial aprobadas o 28 de maio de 2008, alegando unha "insuficiencia do prazo previsto na solicitude de convocatoria" e engade unha "valoración" das posibilidade de asistencia dos restantes membros do Consello, volvendo a dilatar as insistentes solicitudes dos colectivos para unha reunión oficial e conxunta.

As reunións coas asociacións.

A discordia do cruce de escritos entre os colectivos do consello sectorial e o concello de Nigrán se basea no caracter propio das últimas convocatorias e a súa "informalidade" no procedemento e constancia oficial das mesmas.

A última reunión oficial, esto é, a última acta de reunión do consello sectorial, foi realizada durante o mandato socialista. Ata o de agora, as reunións e convocatorias emitidas dende o concello de Nigrán non foron máis que reunións informativas e carecen de oficialidade xa que en ningunha delas se recolleu ningún compromiso nin acordo que non fora verbal, e polo tanto non consta acta ningunha das citadas reunións. Os colectivos foron covocados a estas reunións para seren informados da tramitación do propio documento, pero en ningunha delas se lles permitiu o acceso á documentación do plan, nin se deu resposta ao grao de cumprimento dos acordos do consello sectorial ratificados no pleno extraordinario do 29 de xuño. 

Pese ás reiteradas afirmacións de "transparencia" por parte de Valverde, a realidade é que os colectivos ainda carecen de copia do PXOM de xeito oficial, e a única posiblidade de consultar o documento é a través da documentación publicada de xeito "extraoficial" polos socialistas na súa páxina web. Esta documentación non é oficial e como tal non pode ser tida en conta para basear as argumentacións sobre o documento. Ainda así , o documento volverá a sufrir novas modificacións para adaptarse ás esixencias dos informes da Xunta de Galicia. Dito documento non sairá á luz ata despois da súa aprobación inicial no pleno municipal, polo que o documento do PXOM será unha incógnita ata a súa aprobación inicial.

Os colectivos carecen por tanto de información como para ter un xuizo técnico de valor sobre o PXOM e poder dilucidar os cambios realizados no mesmo, e o grao de cumprimento dos acordos do Consello Sectorial. 

O lider dos socialistas e ex-concellal de urbanismo, Juan González,  non dubida en sinalar como "unha obstrucción por parte do concello de Nigrán para dilatar o proceso e aprobar un documento ás espaldas dos colectivos e veciños. O concello de Nigrán segue mentindo e ocultando o PXOM e pretende aprobalo saltándose o propio procedemento adminsitrativo de redacción" manifestou onte nun comunicado. "

En relación á negativa do consello sectorial Gonzalez opina que "Esta falta de consenso, de participación e de transparencia no proceso de redacción do PXOM o aboca ao maior dos fracasos."

O artigo 8 dos estatutos do consello sectorial.

Pese a que o alcalde de Nigrán nega a convocatoria de reunión baseándose nos estatutos de regulamento do Consello Sectorial aprobados en pleno, a administración local parece non estar cumprindo tampouco cos propios estatutos que defende segundo apuntaron onte dende algún colectivo.

En relación ás convocatorias do consello, o artigo 8º dos estatutos sinalan que o Presidente do Consello Sectotial será o alcalde da corporación e como tal será o encargado de "convocar as sesións ordinarias e extraordinarias e fixar a orde do día, tendo en conta no seu caso as peticións dos demais membros formuladas por escrito e coa suficiente antelación. " Si ben os estatutos deixan á libre elección do alcalde a determinación do que se debe considerar como un prazo de antelación suficiente para a súa convocatoria, malia que a súa negativa ás asociacións de veciños foi solicitada cun plazo maior que a última convocatoria realizada polo concello, de apenas 48 h e sen consultar a dipoñibilidade de asistencia dos colectivos.

O artigo 8ª tamén sinala como obrigacións do alcalde  "Dispoñer o cumprimento dos acordos da Asemblea do Consello Sectorial." algo que non se realizou ata o momento e que foi requerido insistemente por escrito polos colectivos en tres ocasións.

O Artigo 12° relativo ao  "Réxime de sesións" sinala que "A Asemblea do Consello Sectorial do PXOM reunirase, en sesión ordinaria, alomenos unha vez cada dous meses e, con carácter extraordinario, previa convocatoria do Presidente ou solicitude por escrito e coa debida antelación da metade máis un da totalidade dos seus membros." algo que tampouco parece estarse cumprindo de xeito oficial dende o nomeamento do novo goberno.