Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Anonymous parodia nas redes a elaboración do PXOM de Nigrán.

Anonymous parodia nas redes a elaboración do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Fotograma do vídeo
anonymous-nigran-pxom
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Un vídeo de Anonymous chama aos cidadáns de Nigrán a asesorarse nas asociacións veciñais ou directamente cun avogado para coñecer de primeira man as diversas afeccións da nova redacción do novo documento urbanístico do municipio.

Unha copia do mesmo chegou a esta redacción, xunto cunha nota que advirte: "Ciudadano despierte. Este vídeo es una parodia pero sus contenidos son reales". 

A parodia baséase nunha escena da película El Hundimiento (Der Untergang 2004), moi recorrida nas redes para amosar a sorpresa do ditador ante unha nova.

Días atrás xa foran detectados varios panfletos de Anonymous en diversos puntos de Nigrán, no que se denunciaba a intención do goberno encabezado por Alberto Valverde (PP), de convocar con carácter urxente un pleno extraordinario para a aprobación inicial do Plan Xeral de Organización Municipal. Nomeadamente os panfletos sinalaban que a convocatoria tería lugar na presente semana.
A mensaxe remitida a Valminor.info sinala: "No crea nada de lo que dice el alcalde. "Nos ha mentido y sigue mintiendo. Omite información para ocultar otro tipo de intereses. No crea en ninguna promesa. No crea que todos sus problemas se van a solucionar con una simples alegaciones.Acuda a una asociación de vecinos o abogado. Pregunte e infórmese. Está en su derecho Pero no deje que nadie decida por usted. Difunda este mensaje. Avise a sus familiares y amigos. Hay mucha gente que no sabe que se va a aprobar un plan urbanístico que va a afectar a miles de personas."

Desta vez o vídeo apunta directamente a posibles recalificacións de terreos nas viviendas dalgúns dos membros do goberno  e algunhas das históricas instalacións que se atopan coa piqueta do derrubo enrriba polas ilegalidades incurridas na súa construcción.

Ainda así, a autoría non foi reclamada polos hacktivistas.