Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As agrupacións do Consello Sectorial convocan aos veciños de Nigrán a asistir ao próximo pleno.

As agrupacións do Consello Sectorial convocan aos veciños de Nigrán a asistir ao próximo pleno.

Correo-e Imprimir PDF

As asociacións que forman parte do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán chaman aos veciños de Nigrán a acudir ao próximo Pleno ordinario da corporación que se celebrará o vindeiro xoves 26 ás 10 horas.

O convite ten por obxectivo arroupar unha moción presentada conxuntamente por PSOE e BNG co xeito de instar ao alcalde Alberto Valverde a que convoque "sen excusas" o consello sectorial, dende a súa condición como presidente do órgano consultivo do documento urbanístico

Os colectivos que forman parte do Consello Sectorial de Urbanismo de Nigrán queren saber que grao de cumprimento ten o documento modificado polo novo goberno municipal e que segue estando agochado despois dos cambios realizados polos informes secotriais da Xunta de Galicia. Os colectivos veciñais queren saber se as conclusións que achegaron durante catro anos de traballo ratificadas nun pleno extraordinario polo actual acladel, figuran  na nova redacción do Plan Xeral de Ordenamento Municipal que manexa a administración de Alberto Valverde. Para iso, esixen que o rexedor convoque ao Consello, como imperativo na súa condición como presidente do órgano consultivo.

Os colectivos veciñais, así como as agrupacións municipais mocionantes, esixen que Valverde dea cumprimento aos estatutos de regulamento do C.S. que ó obrigan a facer unha convocatoria cada dous meses e dar conta dos progresos e avances do citado documento urbanístico. A finalidade desa petición é que o equipo de goberno facilite de xeito definitivo e oficial o acceso ao PXOM en aras das transparencia e a participación cidadá.

Nese senso, lembran que o documento de peticións e conclusións do CS debatidos en Pleno contou co visto e prace tanto do goberno socialista daquela como do actual alcalde de Nigrán, entón, na súa condición de líder da oposición do gupo popular. Documento que tamén contou co visto e prace do Equipo Redactor do PXOM encargado de dar encaixe técnico ás peticións realizadas polos colectivos.
As asociacións asinantes da convocatoria afirman que a día de hoxe o alcalde négase a contestar e ratificar eses acordos adoptados no seno do CS e por iso demandan a convocatoria urxente do ente colectivo.