Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán publica a documentación completa do PXOM na súa web.

O PSOE de Nigrán publica a documentación completa do PXOM na súa web.

Correo-e Imprimir PDF
nave-almacen-san-pedro

-O documento atópase dispoñible en na web socialista e no seu perfil na Rede Facebook.

-Juan González denuncia un "erro non intencionado" no PXOM que permite consolidar unha nave almacén propiedade do concellal de Vías e Obras, José Álvarez, como "Núcleo Rural Tradicional".

-En 24 horas vence o prazo outorgado polo alcalde Valverde para que o Consello Sectorial e os partidos da oposición presenten "suxestións" á documentación do PXOM.

Dentro de 24 horas vence o prazo imposto polo alcalde Alberto Valverde aos membros do Consello Sectorial de Nigrán e os partidos da oposición para que presenten por escrito "todas as consideracións que crean oportunas" sobre a documentación do PXOM, entregado para a súa revisión o pasados xoves 4 de outubro. Para os socialistas trátase dun novo "brindis al sol" do alcalde, xa que entenden que é imposible que os colectivos podan facer en sete días "o que os técnicos municipais e da administración autonómica levan catro anos facendo."

O atestado, de máis de mil folios, contén documentos técnicos e planos que necesitan para o seu estudo da participación de especialistas en eidos tan diversos como a economía, urbanismo, lexislación, patrimonio cultural, medio ambiente, etc. Nembargante a maioría dos colectivos atópanse nunha carreira contra reloxo, ca fin de tomar un primeiro contacto coa documentación completa do PXOM, cara a formular algunha achega o vindeiro xoves, ou polo menos preparar futuras alegacións.

O PSOE coloca a documentación a disposición da veciñanza na súa web.

A agrupación socialista de Nigrán decidiu publicar na web do PSOE Nigrán e na súa páxina na rede social Facebook a documentación completa entregada por Valverde, co xeito de que todos os veciños podan acceder á mesma. Por outra banda, denuncian que o Concello segue sen publicar o PXOM na web oficial de Nigrán, a pesar de tello prometido dende hai meses.

O concelleiro Juan González opinou que "É absolutamente necesario estudar de xeito pormenorizado este amplísimo documento antes de aprobalo para non rematar cun voto nun pleno o futuro dos vindeiros vinte anos do Concello de Nigrán".

Un erro do PXOM "por suposto non intencionado".

Nese senso denuncia un erro "por suposto non intencionado, que contémplase no documento que Alberto Valverde, que quere aprobar si o si, está esta nave/almacén situada en San Pedro da Ramallosa e que o PXOM a vai cualificar como Núcleo Rural Tradicional -ver fotografía que acompaña a nota- cando evidentemente non é unha edificación que poidamos cualificar de tradicional. Curiosa e casualmente é a propiedade dun concelleiro do Partido Popular de Nigrán", sinala González, que non achegou o nome do titular.

"Estes erros non intencionados son os que podemos corrixir co esforzo, coa transparencia e coa a participación", ironizou o concelleiro socialista.