Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Efrén Juanes: "O futuro de Nigrán é esplendoroso".

Efrén Juanes: "O futuro de Nigrán é esplendoroso".

Correo-e Imprimir PDF
Juan González, Efrén Juanes e José Álvarez, na xuntansa da Asociación de Veciños A Unión.

Como cada semestre dende que asumiu a alcaldía, Efrén Juanes percorre co seu equipo de goberno as parroquias de Nigrán. Nun xeito case de balance xeral da súa xestión, Juanes comezou cunha despedida, logo de dezaseis anos como concelleiro "Non vou  participar nas próximas eleccións municipais".

A xuntanza foi na Asociación de Veciños A Unión de A Ramallosa, organización coa que o Concello mantivo unha rifa 24 horas antes.

De seguido, reflexionou que iso foi grazas ao esforzo de todos os veciños de Nigrán, porque fortalecer a situación económica da alcaldía, implicou recortar gastos, entre eles as axudas das comisións de veciños.  Tamén dixo que tódolos proxectos presentados no Pleno foron adiante. Ao principio grazas á alianza co BNG, e logo da ruptura do bipartito, con acordos puntuais con outras forzas políticas, o que demostra, segundo Juanes, a gobernabilidade do Concello.

O  bipartito deixou unha percepción de inestabilidade no goberno.

Con referencia ao pacto co BNG, dixo que ao principio permitiu que cos 7 concelleiros socialistas máis os tres nacionalistas, se fixeran moitas cousas, pero que o intento permanente dos concelleiros do BNG de "intentar sacar a cabeciña", salientando diferenzas en "tonterías", deixou na poboación a percepción de falta de estabilidade no goberno.

Cando rematou o bipartito, Efrén destacou a capacidade de diálogo coa principal forza da oposición (PP), cos que sacaron adiante o arranxo do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), e o orzamento.

"O PXOM se pode facer nesta xestión de goberno".

Cando o rexedor fixo esta afirmación, á expectativa gañou á audiencia. Juanes afirmou que "xa están os 12 votos" que aseguran a súa aprobación no Pleno. Referíase ao pacto PSOE - PP. Todo depende da dilixencia do equipo redactor, afirmou Juanes. Se actúan con celeridade, a Xunta xa tería acceso a súa avaliación e logo do tempo de exposición ao público, o Pleno xa votaría a súa aprobación.

Dentro dos logros no tema do urbanismo destacou a construción de 150 vivendas de protección pública no barrio As Angustias, obtida no último pleno cos votos do PSOE e máis a Unión Centrista de Nigrán. Desas 150 vivendas, 50 xa están destinadas a veciños empadroados en Nigrán, nun intento do Concello para que os novos atopen un lugar na súa terra, agregou Juanes.

"Porto de Molle é a luz ao final do túnel"

Outro tema vital  a prol dos esforzos das políticas de emprego, foi a saída do SAU 9, obtida tamén cos voto do PP. A regularización de Porto de Molle, permitiu, segundo o informante, a posibilidade de que tódalas semanas reciba a empresas interesadas en instalarse no parque industrial. Servizos, centros de saúde e lecer, supermercados, e outros estarían interesados na radicación das súas actividades, as que redundarían en ofertas de emprego. Con referencia ao  caso da fábrica de baterías, afirmou que a posibilidade e certa e traería os prezados 1500 postos de traballo.

Juanes comprometeuse a negociar unha cota de traballadores de Nigrán nas empresas que se acheguen a Porto de Molle. Informou que os veciños poden dirixirse aos servizos de emprego do Concello e deixar os seus currículos, pois se van facer cursos de capacitación aos efectos de fornecer a competitividade da man de obra nigranesa.

Sen perder de vista que Nigrán é un territorio turístico, Porto de Molle dará traballo todo o ano, e actuará tamén como elemento dinamizador dos pequenos empresarios e autónomos, que verán aumentada a demanda de traballo. Rematou afirmando que o parque demandará entre catro e cinco mil persoas traballando, neste momento de crise global é "A luz ao final do túnel".

A xuntanza rematou cun diálogo cos veciños, que aproveitaron a facer preguntas e demandas sobre necesidades locais. O clima distou moito da hostilidade esperada polos concelleiros, o rexedor afirmou que có PXOM e Porto de Molle o futuro de Nigrán é "esplendoroso", e a xente retirouse murmurando sobre os logros e promesas feitas polo alcalde.