Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN-CDL pon reparos na instalación dunha gasolineira en Porto do Molle e valora positivamente a chegada de Mercadona.

UCN-CDL pon reparos na instalación dunha gasolineira en Porto do Molle e valora positivamente a chegada de Mercadona.

Correo-e Imprimir PDF
zona-fraca

O Concelleiro Antonio Fernández Comesaña manifestou esta tarde a súa preocupación pola posible instalación dunha gasolineira no Parque Empresarial de Porto do Molle. Nomeadamente, o edil por UCN-CDL, entende que o obxectivo deste complexo é o de albergar empresas "limpias y no contaminantes". Pola contraria, o concelleiro valorou positivamente o interese de Mercadona pola súa pegada na creación de postos de traballo tanto no municipio como na bisbarra.

 

As declaracións de Fernández Comesaña ten orixe no anuncio do Consorcio da Zona Franca de Vigo, do xoves pasado, sobre o interese da empresa Combustibles do Noroeste de adquirir unha parcela de case 5.000 metros cadrados para abrir unha estación de subministración de combustible neste polígono, o que sería a primeira gasolineira existente entre a autoestrada do Val Miñor e a VG-20.

O portavoz de UCN-CDL, pediu a Zona Franca -que está a resolver a adxudicación- "prudencia y analizar con rigor los posibles efectos negativos de actividades con un elevado riesgo contaminante, extremando así todas las medidas de seguridad en el otorgamiento de las licencias municipales de actividad, para evitar desgracias irreparables."

Nembargante, a posible instalación da empresa Mercadona en Porto de Molle é valorada positivamente por UCN-CDL. " Decisión que esperamos se confirme, por la necesidad de la creación de puestos de trabajo en el municipio", sinalou Fernández Comesaña.