Os informes dos técnicos municipais sobre o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (pendente de aprobación inicial) foron publicados en Internet pola agrupación socialista de Nigrán. A agrupación entende que a demora "por máis de dous meses" na súa entrega por parte do alcalde popular Alberto Valverde e a falla de publicidade desta documentación así como a do PXOM na web do Concello, fan necesaria a medida para que a información estea dispoñible para tódolos veciños do municipio.
Sinalan que tal e como o "ben facendo dende o inicio" do proceso de elaboración do PXOM, a web socialista "fai públicos os informes do arquitecto, enxeñeira, interventor e xurídico que foron entregados a oposición dous meses mais tarde da súa emisión. A paxina web do Concello segue sen publicar nin o PXOM nin agora os informes ao mesmo" denuncian.