Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE propón parar a “agonía” do PXOM de #Nigrán cunha política de consenso que inclúa ao Consello Sectorial.

O PSOE propón parar a “agonía” do PXOM de #Nigrán cunha política de consenso que inclúa ao Consello Sectorial.

Correo-e Imprimir PDF
concentracion pxom20130613

-Os socialistas dan por feita a ruptura do alcalde Alberto Valverde coa empresa redactora do PXOM. O concelleiro Juan González (PSOE) afirma que as relacións están deterioradas de tal xeito "que en breves datas darase por rachado o contrato".

Aos reiterados chamados ao diálogo formulado dende toda a oposición ao goberno popular de Nigrán para subsanar a tramitación do PXOM, engádese agora unha proposta do PSOE na que insta convocar ao Consello Sectorial para retomar a "a senda da transparencia e a participación", cun "gran pacto en todos os grupos políticos e a sociedade".
O portavoz Juan González (PSOE), entende que é necesario "aproveitar ao máximo o ano que queda de goberno popular e dar pasos firmes para a aprobación de un documento de vital importancia para Nigrán". Nese senso argumenta que no Consello Sectorial estaban representados a maioría dos colectivos do municipio. "O seu traballo desinteresado durante tres anos serviu para acadar un inusitado consenso na planificación urbanística baseado na participación e na toma de decisións conxuntas".
Sen embargo "todo este traballo e todo este esforzo rematará nos próximos días co anuncio de fin de relación entre a empresa redactora e o concello de Nigrán polo que, desgraciadamente, haberá que voltar a empezar case dende cero cun PXOM de Nigrán que Alberto Valverde prometera ia a aprobar no primeiro ano de mandato".
A proposta socialista pasa por reunir novamente aos sectores socias e partidos políticos de Nigrán, porque se o actual goberno "non é quen de aprobar o PXOM en este mandato, a lo menos, quede preparado para que a próxima corporación, sexa do cor político que sexa, poda aprobar o primeiro Plan de Ordenación Urbanístico para Nigrán".