-O portavoz centrista Fernández Comesaña afirma cos informes xurídicos e económicos dos técnicos municipais "confirman os peores presaxios e sospeitas" sobre a inviabilidade técnica e económica do PXOM .
Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) sinala nun comunicado que "non nos equivocamos cando alertamos que dificilmente superaría o mínimo informe". Segundo o concelleiro, os informes técnicos da enxeñeira, arquitecto, interventor e técnico de administración xeral (entregados o día martes), revelan graves irregularidades da documentación e comprometen a viabilidade do mesmo.
Logo dun primeiro estudo da documentación técnica, Fernández Comesaña afirma que os técnicos advirten que o actual documento non dá resposta detallada ás múltiples obxeccións do informe previo da Xunta nin xustifica debidamente as motivacións técnicas nos cambios introducidos.
Agrega que os técnicos municipais advirten que a actual redacción non resolve "as cuestións suscitadas nos informes sectoriais desfavorables, tales como os de Augas de Galicia, Infraestruturas e Costas".
Cartografía non actualizada e recualificacións de solos non xustificadas.
Os informes confirman que a empresa redactora utilizou "unha cartografía en base catastral e non actualizada", sinala o centrista. Agrega que por riba, os técnicos cuestionan varias medidas como "Incluír chans urbanizables (que figuraban como rústicos ou de protección forestal) sen xustificación algunha, tales como (SUD-11 Manzanares, SUD-12 Carregal II, SUD-15 a Foz), en contra do informe da Xunta. Incorpora novas clasificacións de chan industrial en Telleira e Outeiro, non previstas inicialmente. Non resolve aliñacións a viais e camiños públicos. Os sistemas xerais a obter por expropiación para zonas verdes de máis de 250.000m2: (SG-1Parque Rabadeira-Panxón. SG-11-12Paseo Praia Patos. SG-27Porto Molle-Parada), vinculados a 16 urbanizables, son contrarios á LOUGA. Non contempla a formación de centro urbano en SUD-7-8 Vilameán, ao fixar vivenda unifamiliar illada. Establece equipamentos sen definir en área de corredor ecolóxico do POL (PE-DOT-Telleiras) de b 2 en chan rústico que non permite a LOUGA. E o que é peor, hipoteca o futuro desenvolvemento do rural, ao non clasificar chan rústico de protección ordinaria, que podería permitir futuras transformacións do chan e crecemento do municipio, etc."
O PXOM sería inviable economicamente segundo os técnicos municipais
"Por si todo isto fose pouco –sinala Fernández Comesaña-, o informe económico, deixa claro a inviabilidade económica do documento, establecendo múltiples reparos: Incumprimento do prazo do contrato –coa empresa redactora- (36 meses sobre os 18 previstos).Atribuír financiamento ao Estado e Xunta (130 millóns do total previsto 170m), sen acreditar o seu conformidade. Estimación de ingresos incorrecta. Falta de capacidade de financiamento municipal. Non contemplar custos de mantemento infraestruturas, etc. Sendo este o máis importante dos documentos do Plan, desde o punto de vista de garantías dos afectados, fronte a unha fantasía, trata a lei que unicamente apróbanse plans realizables e este dista moito de selo".
Finalmente, Fernández Comesaña, reprocha a actitude do alcalde Alberto Valverde, "que ante a gravidade dos feitos, escóndese, oculta información, non convoca aos grupos políticos e levando o Plan a un terreo perigoso, debendo reformularse a continuidade do equipo redactor, esixindo responsabilidades, por un Plan utópico e irrealizable, que terminará no baúl dos recordos".