Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os colectivos veciñais piden acceso á documentación do novo PXOM e a búsqueda de consenso antes da aprobación incial

Os colectivos veciñais piden acceso á documentación do novo PXOM e a búsqueda de consenso antes da aprobación incial

Correo-e Imprimir PDF
Representantes dos colectivos do consello sectorial do PXOM de Nigrán

Doce colectivos veciñais máis os partidos do PSOE e BNG, pertencentes todos ao Consello Sectorial do PXOM de Nigrán, trasladaron nun comunicado a súa opinión respecto ó procedemento de tramitación do PXOM de Nigrán para a súa aprobación inicial.

Os colectivos veciñais ainda non dispoñen da documentación do PXOM para poder analizar os cambios nas parroquias e aportar as súas opinións. Documento que ainda non foi entregado dende o concello de Nigrán. Desminten a idea de que exista transparencia na elaboración do documento urbanístico.

 

O alcalde non contempla a convocatoria do Consello sectorial até despois da aprobación do documento.

Os colectivos do consello sectorial: A A.VV. "A Camoesa" de Camos, a A.VV. "Monteferro" de Panxón, a A.VV. "O Castro" de Chandebrito, a A.VV. "Dunas" de Nigrán, a A.VV. "A Irmandade" de Priegue, a A.VV. "Chandebrito 1807", a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito, a Sociedade Deportiva "Bolos do Ceán" de Nigrán, o Instituto de Estudos Miñoranos, a Plataforma Cidadá do Val Miñor "Nunca Máis", a Asoc. de Defensa do Medio Ambiente "Salvemos Monteferro", Cofraría de Pescadores "A Anunciada" o PSOE de Nigrán e o BNG de Nigrán. emitiron onte un comunicado onde puxeron de manifesto o rexeitamento do procedemento do actual grupo de goberno de cara ao Consello Sectorial.

Manifestan un claro contraste da visión e importancia que tivo o goberno municipal de cara aos membros do consello cando durante o período de oposición do PP de Nigrán na anterior lexislatura "estando na oposición, o alcalde e o grupo popular reiteraba publicamente e daba esta ferramenta para poder xerar un proxecto de Plan Xeral que respondese aos intereses xerais da cidadanía e agora, instalados no goberno, nos infrautiliza, deostando, mentindo, menosprezando e acusándonos de partidistas e de estar ao servizo dos intereses de siglas políticas e non da sensibilidade xeral dos veciños que nos puxeron á fronte das entidades que representamos."

Os colectivos sinalan que pese a solicitar por escrito en numerosas ocasións a convocatoria do consello sectorial, o goberno municipal non foi quen de convocalos neste dous anos de mandato dos populares, polo que non entenden as "promesas de elaborar con transparencia un proxecto urbanístico do calado do PXOM" cando non teñen acceso á información nin á participación do organo consultivo.

Apuntan que o traballo e acordos adoptados pola maioría do Consello Secotorial e ratificados en sesión plenaria co voto favorable do actual goberno municipal, tampouco se viron refectivos "na súa inmensa maioría" dentro das distintas propostas que o grupo popular fixo sobre o proxecto do Plan Xeral para Nigrán.

Presentación polas parroquias do PXOM

Para os colectivos "a guinda a esta forma despótica de levar a cabo a súa redacción do Plan Xeral" foi a decisión unilateral do goberno popular de dar a "coñecer" o documento aos veciños "en sesións meteóricas, por Parroquias," con só dúas horas de diferenza entre a convocatoria dunha e a seguinte reunión en Parroquias distintas deste extenso Municipio.

Neste senso rexeitan a decisión do alcalde de presentar o PXOM lonxe dos colectivos veciñais. "os Locais Sociais que, ata a data, foran os lugares elixidos por este grupo de goberno para levar a cabo as reunións cos veciños por consideralos idóneos, agora van facer a presentación do Documento fóra deles e lonxe de onde habitualmente se reúne a veciñanza para tratar este e outros moitos temas de interese xeral."

A aprobación inicial do documento

As asociaciósn tampoco comparte a "présa" por aprobar o proxecto urbanístico. "o alcalde volve caer nos vellos erros que levaron ao seu antecesor do Partido Popular no cargo a ter que suspender a súa aprobación inicial e ser investigado pola fiscalía anticorrupción."

As peticións

O comunicado conclúe coa petición de información e a convocatoria do consello sectorial para por de novo en funcionamento o órgano consultivo e non "intente dilapidar" o traballo realizado. Piden tamén que asista ás parroquias informando de primeira man as diferentes correcións que se viñeron facendo ó documento e xustifique o por que de que a mairoía das suxerencias realizadas polos colectivos veciñais non se viron reflictidas no proxecto "en aras de evitar un máis que posible conflito entre cidadanía e goberno" e na procura dun maior consenso que o actual con respecto dun documento que xera moitas reticencias dado que estivo "gardando baixo chave ocultándoo a quen non considera dignos da súa particular confianza."