Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida recomenda ao alcalde que faga borrón e conta nova co PXOM de Nigrán

Esquerda Unida recomenda ao alcalde que faga borrón e conta nova co PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O PXOM contemplaba a urbanización dunha parcela de Mario Puentes cedida como parking durante o verán

Para Esquerda Unida a situación da tramitación do PXOM era a crónica dunha morte anunciada por iso pide "borrón e conta nova"

 

Así o manifestou nun comunicado o seu portavoz, Jose Cuevas. ante a decisión da posible rescisión do contrato á empresa adxudicataria TINSA - ARNAIZ.

 

Para EU esta rescisión tiña que terse producido hai tempo, "antes incluso da aprobación inicial", dada a calidade técnica do documento elaborado. "Hai que lembrar que o PXOM foi informado desfavorablemente pola Xunta de Galicia, ten que corrixirse e volverse a envíar a Xunta de Galica, tal e como coñecía tanto goberno como oposición meses antes de que Esquerda Unida publicara ditos informes no seu blog. Isto non é novo, xa que cando se adxudicou o contrato de redacción do PXOM xa se advetiu da solvencia técnica da empresa adxudicataria, debido a que o baixo prezo de licitación impediu a presentación de mais empresas ao concurso. O retraso que se poda producir na tramitación do PXOM é responsabilidade de aqueles que a pesar de coñecer, e incluso compartir ditas advertencias apoiaron a adxudicación." engadiu Cuevas.

Respecto das declaracións do alcalde de Nigrán sobre a necesidade de aunar esforzos para "subirse ao mesmo barco" José Cuevas sinala que "nunca se subirán ao mesmo barco dos especuladores". Apunta que Esquerda Unida achegará posturas sobre o documento se se produce un cambio no tocante á sustenabilidade económica, social e medioambiental do proxecto. "Un PXOM que xenere emprego de calidade, e non o emprego do ladrillo".

Para Esquerda Unida a poible cesión deste contrato, supón caer no mesmo erro que cando se adxudicou, "ningunha empresa solvente vai a correxir o documento aprobado inicialmente e rematar o proceso de tramitación cando a UTE actualmente adxudicataria xa cobrou o 50% do contrato."

Esquerda Unida recomenda que se faga "borrón e conta nova" e se licite de novo a redacción do PXOM, para non caer en sobrecustes excesivos na redacción, aproveitando o que se poda aproveitar tecnicamente do actual documento.

Cuevas comparte a mensaxe lanzada polo PSOE de facilitar a participación da veciñanza a través do Consello Sectorial, e realizar a trámitación do documento dun xeito transparente.