Luns, 29 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida de Nigrán rexeita a utilización política do PXOM e solicita unha comisión investigadora.

Esquerda Unida de Nigrán rexeita a utilización política do PXOM e solicita unha comisión investigadora.

Correo-e Imprimir PDF
Porto do Molle

Esquerda Unida esixe ao Concello de Nigrán que sexan publicados todos os documentos relativos ao Plan Xeral de Ordenamento Municipal, e non só se informe deles aos grupos municipais e membros do Consello Sectorial. A agrupación de esquerdas -sen representación no pleno municipal- tamén acusa a populares e socialistas de facer "unha utilización política da tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal".

 

Nese senso, Esquerda Unida expresou hoxe a través dun comunicado que "dubida que dende a toma de posesión do actual alcalde até a entrada do documento por rexistro, no que pasaron menos de dous meses se puidera modificar substancialmente o PXOM tal como di o PSOE, polo que tamén empraza ao PSOE a que publique o Plan que segundo eles é tan diferente".

Por outra banda, EU anuncia que solicitará a creación dunha comisión de investigación, relativa a tramitación no PXOM, "na que saia a relucir toda a verdade".