Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta de Galicia comprométese a “darlle o impulso definitivo” ao PXOM de #Nigrán.

A Xunta de Galicia comprométese a “darlle o impulso definitivo” ao PXOM de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
juan rivas2

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, para analizar a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio. Trala reunión, Rivas manifestou a intención da Xunta de "darlle o impulso definitivo e acadar a súa aprobación total".

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que na actualidade a Xunta non ten pendente a emisión de ningún tipo de informe urbanístico, xa que, sinala, o informe previo á aprobación inicial (IPAI) emitiuse en abril de 2012.

Puntualiza que ese informe técnico, consiste nun análise pormenorizado da adecuación á Lei do Solo de Galicia, das propostas de ordenación formuladas polo concello cara so vindeiros 12 anos, é previo á Aprobación Inicial do PXOM polo Pleno. Este acordo municipal celebrouse o 14 de xuño do 2013, permanecendo a continuación o documento a exposición pública para a presentación de alegacións durante un prazo de 3 meses, entre xullo e outubro de 2013.

Independentemente dos axustes que o Concello considere oportunos introducir no documento do PXOM, en gran parte derivados, tanto das alegacións aceptadas, como das indicacións de preto dos 30 informes sectoriais (Costas, Estradas, Patrimonio, Augas de Galicia), Rivas informou ao alcalde que o documento encóntrase nunha fase moi avanzada da tramitación.

A Xunta reiterou o seu apoio e trasladou a súa total colaboración para que o Concello do Nigrán se sume aos municipios galegos que contan con plan xeral en vigor. Na actualidade, son 83 concellos os que teñen o plan xeral aprobado e adaptado á lei do solo.