Venres, 28 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Nigrán O Alcalde de Nigrán rexeita a actitude do PSOE de non participar no grupo de traballo do PXOM.

O Alcalde de Nigrán rexeita a actitude do PSOE de non participar no grupo de traballo do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde, alcalde de Nigrán.

O alcalde Alberto Valverde rexeitou a decisión do portavoz socialista Juan González de non concorrer á xuntanza convocada polo goberno de Nigrán para traballar na tramitación do Plan Xeral  de Ordenamento Municipal.  Á mesma concorreron os concelleiros electos do BNG e da coalición UCN-CDL. Valverde denuncia que González foi convocado telefonicamente á reunión  e este confirmou a súa asistencia no mesmo momento da comunicación.

O popular Alberto Valverde, tamén reivindicou a denuncia formulada o pasado 19 de maio, durante a campaña electoral, na que acusou ao goberno do socialista Efrén Juanes de ocultarlle ao PP o ingreso dun borrador do PXOM, a fin de utilizarllo con fines electorais. A denuncia daquela, foi rexeitada polos socialistas, os que afirman ata de agora que o devandito documento estaba dirixido polo equipo redacto só aos técnicos municipais. Os socialistas dende ese momento entenderon que o PP quebraba o pacto celebrado en decembro de 2010 polo cal o PXOM quedaba fóra do debate da campaña electoral. E a partir dese momento esixen unha rectificación pública por parte do PP e do alcalde Valverde.

El error lo cometió la anterior corporación al no comunicar al resto de los grupos de la corporación la entrada de un borrador del Plan General que debía ser examinado por los técnicos municipales”, opinou  Valverde, “una información que deberían haber tenido” o PP, puntualiza.

O alcalde igualmente afirmou que mantén a  intención de deixar a "puerta abierta a todos los grupos de la oposición para participar en la tramitación del Plan General de Ordenación Municipal, “ e reivindica "pasar así a la historia como la corporación que aprobó el documento después de tantos años”.  Valverde interpreta a negativa de participar de González como unha confirmación de “que el futuro de Nigrán y de sus vecinos no es una prioridad para el partido socialista”.