Domingo, 15 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Socialistas e populares xuntos no concello de Nigrán.

Socialistas e populares xuntos no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
pp-soe-3

A poucos meses das eleccións municipais, socialistas e populares pactan unha serie de medidas que estiman darán estabilidade ao municipio. Débedas que dormen dende a década dos 90 nos caixóns do municipio e a urxencia da aprobación do Plan Xeral de Urbanismo son as problemáticas fundamentais que ambos os dous decidiron afrontar de forma conxunta.

O primeiro dos devanditos acordos será a solicitude no próximo pleno municipal dun recoñecemento extraxudicial de crédito que permita pagar débedas que o concello mantén con provedores. Consultado o concelleiro Alberto Valverde (PP), expresou que se trata en moitos casos de autónomos e pequenos empresarios da zona que necesitan ditos pagamentos para poder seguir adiante. Na maioría dos casos trátase de contas que xa teñen informe favorable do Interventor municipal onde se constata que as obras ou traballos foron feitos.

No caso das débedas de máis de catro anos (período de extinción legal) abrirase un prazo de publicidade para que os titulares as poidan reclamar. As do período 2004 - 2006 serán as incluídas nas primeiras facturas a pagar. Valverde expresou que a intención desta medida é librar ou concello desa carga.

Por outra parte, o concelleiro Juan González (PSOE) dixo que sacar adiante o PXOM é un compromiso conxunto dos partidos que fala ben da responsabilidade dos mesmos ante os veciños. Tanto o PP como o gobernante PSOE, teñen a intención de deixar aprobado polo menos de forma inicial a ordenación urbanística antes da finalización da presente lexislatura.