Facturas xeradas polos concelleiros nacionalistas Xosé Lois Gutiérrez e David Giraldéz (ex-BNG) e polo concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN) cando tiñan responsabilidades de goberno foron excluídas da lista de facturas a pagar coa solicitude extraxudicial de crédito que será aprobada mañá mércores no pleno de Nigrán. A partida que beneficiará a 37 provedores, foi promovida no marco dos acordos celebrados entre o PSOE e o Partido Popular. Segundo o portavoz popular Alberto Valverde as facturas excluídas tiñan reparos feitos polo Interventor municipal .
Segundo o establecido no acordo PSOE - PP que permitiu levar adiante esta solicitude de 292 mil euros para pagamento a provedores, os concelleiros de ambos os dous partidos comprometíanse a non incluír aquelas débedas que tiveran reparo da Intervención. Entre as facturas que quedan fóra, as fontes informaron que trátase de servizos presentados ao cobro por persoas distintas ás que fixeron os traballos, casos de obras que non correspondía que foran a cargo do municipio por tratarse de competencia provincial, e outras con reparos por defectos de forma.
Segundo o manifestado polo Tenente de Alcalde Juan González: "Si en xullo de 2009 o Concello de Nigrán aprobou e pagou 1.510.820,39€ a provedores, moitos deles pequenas empresas e a maior parte de Nigrán e o Val Miñor agora a boa xestión económica de este municipio permitirá que o Pleno do 22 de decembro aprobe unha nova partida de máis de 290.000 € para voltar pagar gastos realizados sen consignación económica dende o ano 2005 ao 2009 e de este xeito non deixar nin unha factura pendente de pagar."
Pola súa banda o concelleiro Alberto Valverde afirmou que "ningunha factura corresponde a ningún dos actuais concelleiros do PP, algo que tanto non adscritos ou o propio UCN non poden dicir, e traballando seriamente para que Nigrán poida ter un plan xeral canto antes polo ben do municipio."