O BNG de Nigrán prosigue os seus traballos de enquisa nas rúas e anuncia que xa está preto de acadar as 500 proxectadas a tan só 18 días do seu lanzamento. Os nacionalistas aseguran que o volume de enquisas recibidas veuse aumentada trala sinatura do pacto PSOE – PP en materia do plan de urbanismo e o pagamento de débedas da anterior xestión popular do municipio.
A campaña electoral do BNG comezou o 1 de decembro coa enquisa “Que Nigrán queremos?”, onde os nacionalistas percorren Nigrán buscando a opinión dos cidadáns sobre diversos puntos de interese municipal. O estudo desas demandas será a base do programa de goberno que defenderá Cristina Fernández e mais o seu equipo na campaña electoral.
O sábado ao mediodía dúas mesas colocadas estratexicamente no paseo marítimo de Panxón e fronte á Piscina da Mancomunidade na Ramallosa, permitiron a dirixentes e militantes nacionalistas formular a enquisa directamente aos viandantes. Tamén os rapaces puideron expresarse a través duns paneis onde debuxaron o escribiron aquilo quelle piden aos futuros representantes municipais.
A enquisa pode consultarse no blog http://quenigranqueremos.blogaliza.org.