Esquerda Unida denuncia que na documentación do PXOM á que tivo acceso figuran "escasas reservas de solo para zonas verdes para o goce da cidadanía". A agrupación agrega que "as poucos reservas de solo que se fan, están emprazadas afastadas das zonas urbanas do concello. No área rural é practicamente inexistente novos equipamentos dotacionais".
Para emendar estas deficiencias, Esquerda Unida propón que ademais do mantemento de grande parque d'A Rabadeira, existente na zona rural, se cree un gran parque urbano na zona que vai dende a desembocadura do río Muiños e que bordee o núcleo urbán de Nigrán, seguindo o rego Nigrán, cunha anchura moito maior da actualmente prevista. Tamén propón a creación de zonas verdes nas parroquias do interior.
Segundo un estudo da documentación feita por EU dos 29.0000 metros cadrados de zonas verdes a obter, so o 30% están emprazados dentro da zona urbana prevista, estando o resto, máis de 200.000 metros cadrados en zonas afastadas dos centro urbano. A única gran zona verde que está prevista obter e o parque d'A Rabadeira que non se atopa en solo urbano. Nas parroquias do interior só se prevén 15.500 metros cadrados de zonas verdes, que "mais deberían atribuírse aos contornos do Porto do Molle" opinan.
A documentación do PXOM tampouco está na páxina Web municipal
O colectivo político tamén denuncia que non "é certo o declarado nunha nota de prensa do concello realizada o pasado 25 de maio, na que informaba que . Pola contra, sostén que "aínda hoxe é imposible atopalos en dita páxina web".