Sábado, 2 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán PSOE e BNG de Nigrán presentan moción para que o alcalde convoque "de xeito urxente" ao Consello Sectorial.

PSOE e BNG de Nigrán presentan moción para que o alcalde convoque "de xeito urxente" ao Consello Sectorial.

Correo-e Imprimir PDF
asociacions nigran_cs

As agrupacións do BNG e o PSOE de Nigrán presentaron unha moción conxunta ao alcalde popular Alberto Valverde para que convoque "de xeito urxente" ao Consello Sectorial para tratar os temas relativos á actual tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). Os propoñentes argumentan que nos últimos meses se presentaron diversas peticións co igual contido por parte de varias organizacións membros do Consello sen que ata de agora o alcalde dera resposta ás mesmas.

 

O Consello Sectorial ten carácter consultivo e asesor nas materias relacionadas coa ordenación do territorio municipal e está lexitimado polo Pleno da Corporación para que eleve consultas dos seus membros, información, así como lugar de debate nas cuestións relacionadas coa elaboración do PXOM.

Os mocionantes entenden que dende que o actual goberno popular asumiu no concello, só convocou unha reunión do Consello e só de carácter informativo. Por regulamento debería fixarse unha sesión ordinaria ao menos cada dous meses. Nembargante, e a pesar de estar o documento do PXOM en plena etapa de definicións, a asemblea do Consello non foi aínda convocada.

O PSOE e o BNG argumentan que o Réxime de funcionamento aprobado por unanimidade de todos os grupos municipais na sesión do 28 de maio de 2008, compromete ao alcalde na súa condición de Presidente do Consello Sectorial para o PXOM, a velar polo funcionamento do órgano consultivo.