A asociación de Veciños Monteferro de Panxón convoca aos seus socios e veciños a unha charla informativa sobre o novo documento urbanístico.
Ante a falta de información e acceso ao documento por parte do Concello de Nigrán, as asociacións veciñais estanse organizándose para informar aos veciños da situación do trámite do documento urbanístico e as previsións que mantén as modificacións realizadas polo actual goberno para o PXOM nas súas parroquias.
O pasado domingo a AVV Dunas de Nigrán tén convocou aos seus veciños a unha charla similar que contou coa asistencia de 150 persoas que acudiron para informarse da situación futura para a parroquia e o procedemento e situación actual na que se atopa o documento.
A cita terá lugar este venres 22 de xuño a partir das 20h no local da asociacións, Praza Mestra Dona Manuela 4 (antigo parbulario), na Porqueira. Á charla asistirá un avogado urbanísta que solventará as dudas legais dos veciños asistentes.