Os contidos do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Baiona non serán públicos ata a súa presentación para aprobación inicial no Pleno da Corporación. Así o comunicou este xoves o alcalde Jesús Vázquez Almuíña aos portavoces municipais, segundo fontes que participaron da reunión. Por outra banda, no mesma xuntanza onde foi presentado o novo equipo redactor do documento, manifestouse recorrer ante a Xunta de Galicia o informe negativo "á baixa", das previsións do crecemento demográfico do municipio, que tería importantes repercusións na cantidade de novas vivendas contempladas no plan.
Consultada Isabel Domínguez (PSOE), a concelleira manifestou o seu desacordo por ambas medidas. Domínguez advertiu que o novo PXOM volve a apostar pola construción de edificios de segunda residencia en deterioro do crecemento das vivendas de carácter social. Unha aposta que teima nunha "Baiona de edificios pechados" ao longo do ano e non atende as demandas reais dos veciños do municipio, explicou. O recurso do goberno e o equipo redactor forneceríase no carácter turístico da vila e a duplicación da súa poboación durante o verán.
Co respecto á falla de instancias de consenso coas forzas vivas do municipio no tratamento do PXOM, Domínguez sinalou que se está a incumprir por parte da alcaldía do acordado con anterioridade. Deste xeito, os veciños terán coñecemento da política urbanística que rexerá a vida no municipio só durante o período obrigatorio de exposición pública.