Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Preferentista no xulgado de #Baiona: “Fomos roubados por quen nos están gobernando, e por iso protestamos”.

Preferentista no xulgado de #Baiona: “Fomos roubados por quen nos están gobernando, e por iso protestamos”.

Correo-e Imprimir PDF
xulio vicente

“Fomos roubados por quen nos están gobernando, e por iso protestamos” afirmou Xulio Vicente, portavoz da Plataforma de afectados do Baixo Miño durante a súa comparecencia no Xulgado de Paz de Baiona na maña deste martes. Emprazado por supostas ameazas e insultos ao alcalde de Gondomar, Fernando Guitián (promotor da denuncia), Vicente quedou á espera da sentenza que se coñecerá o vindeiro sábado 5 de maio. Os feitos polos que se acusa ao aforrista tiveron lugar nun pleno de abril de 2013 da Mancomunidade do Val Miñor. A instancia celebrouse a pesar dunha resolución do Pleno de Gondomar que obrigaba a Guitián a retirar a denuncia por tela feita en tanto alcalde e non de xeito persoal.

Xulio Vicente reclama a libre absolución.

Xulio Vicente reclamou a libre absolución polo transcurso de máis de un ano dos feitos, amparado en que a falta prescribiu hai seis meses.  Durante a comparecencia expresou :“Eu e moitos miles de galegos levamos os últimos dous ou tres anos na rúa. E hai moitos vídeos nos que se escoita á xente chamarllos ladróns ós que defenden aos que nos rouban. Pero nós non nos diriximos a persoas en concreto”, afirmou Vicente ante a xuíza.

“Pero os responsables disto eran os bancos e as caixas, nos os alcaldes nin os ayuntamientos”, replicou a parte acusadora. Ao que Vicente limitouse a responder que as protestas están permitidas polo lexislador.

Vicente: “Nós atacamos ao sistema, a quen permiten que nos rouben”.

Na quenda do avogado defensor, preguntoulle a Vicente se durante as protestas do mes de abril pretendeu ofender  ou atacar “directamente” o honor do alcalde Fernando Guitián .“Nós atacamos o sistema, a quen permiten que nos rouben”  e non a Fernando Guitián persoalmente, salientou Vicente na súa resposta.

O alcalde de Baiona acompaña a Gutián.

Na sala, xunto co alcalde de Gondomar atopábase Jesús Vázquez Almuíña, rexedor de Baiona cuxa policía local tamén denunciara a Vicente polos feitos de abril e cuxo xuízo terá lugar o vindeiro 27 de xuño. Ambos os dous rexedores saíron escoltados pola Garda Civil en compaña doutros concelleiros de goberno de Gondomar e Baiona.

A Plataforma de Afectados obriga o peche de Novagalicia Banco de Baiona.

Unha vez rematado o xuízo, a plataforma de Afectados polas Preferentes que acompañaban a Vicente, trasladáronse á oficina de Novagalicia Banco de Baiona. Alí ingresaron ao local para comezar unha rolda continua de “actualizacións de libretas” en reclamo da devolución dos seus aforros, a que foi vixiada por efectivos da Garda Civil. Unha situación que ao día de hoxe afecta a 35.000 galegos que aínda non recuperaron a totalidade dos aforros convertidos en accións preferentes ou débedas subordinadas polas ex caixas galegas. Finalmente a oficina optou por pechar as portas.