-Os afectados reclaman solucións ao "curraliño" no que quedaron os seus aforros e manterán a medida por tempo indeterminado.
- A ocupación comezou ás 13 horas deste luns cunha soa aforrista, e no momento de pechar esta nota atópanse 8 dentro do caixeiro.
-Os afectados atópanse no caixeiro ao carón da porta de acceso á entidade bancaria.
A medida, de xeito espontánea segundo os protagonistas, comezou ás 13 horas cando unha das afectadas decidiu pecharse no caixeiro logo de manter un diálogo "infrutuoso" sobre o futuro dos seus aforros co director da sucursal de NGB Gondomar. A decisión da señora non pasou desapercibida para outros veciños do municipio -tamén afectados polas preferentes- que foron completando "o aforo" do reducido habitáculo.
Dim lights Embed Embed this video on your site
Á fronte da sucursal bancaria foi cuberta con carteis de denuncia contra os ex directivos das caixas galegas, aos que responsabilizan das desfeitas. Entre os ocupantes atópanse amas de casa, xubilados, e xente nova que coa perda destes aforros afrontan desafiuzamentos.
Os afectados afirman que non deixarán o local ata que non reciban unha resposta satisfactoria, nomeadamente unha solución alternativa ás quitas que ofrece a solución Bruselas, coas preferentes.
Dim lights Embed Embed this video on your site