Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno en minoría de Gondomar debe abortar outra vez o pleno ante as pitadas dos preferentistas.

O goberno en minoría de Gondomar debe abortar outra vez o pleno ante as pitadas dos preferentistas.

Correo-e Imprimir PDF
preferente-pleno

"Por favor señores, deixen facer o pleno", foron as únicas palabras que puideron escoitarse do alcalde popular Fernando Guitián, antes de que fixera o ademán de que o mesmo remataba. A pitada e os gritos da Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes foi a única protagonista dun pleno que non durou nin 5 minutos. Apenas o rexedor dispuxo a orde do día e deu a palabra aos concelleiros que quixeran intervir, foron os preferentistas os que comezaron a falar anunciando que mentres non se solucione o tema da devolución dos seus aforros no permitirán a celebración dos plenos.

Inmediatamente os oito concelleiros do goberno bipartito PP-CDL, abandonaron o pleno, mentres os restantes concelleiros da oposición, incluído o recentemente afastado do equipo de goberno, o popular Eladio Costas, decidiron baixar do escenario do Auditorio Lois Tobío cara a reunirse cos aforristas.

Gondomar é o único concello do Val Miñor que conta cunha Plataforma activa e organizada de afectados pola venta das preferentes e subordinadas. Se ben os seus integrantes acollen e acompañan nas súas accións a veciños de Baiona e Nigrán, ten na vila condal o seu maior centro de acción. Proba diso é que levan conseguido que o 47% dos case 400 afectados en todo o concello xa tiveran acceso aos arbitraxes de consumo nos catro meses de ocupación e mobilización que levan desenvolvidos.

Esta forza que ten acadada a plataforma, unida ao apoio que reciben dos cinco concelleiros non adscritos (ANOVA), os dous do PSOE o edil do IXG, e máis o ex tenente de alcalde Eladio Costas, fan imposible ao goberno en minoría adoitar medidas similares aos seus pares de Baiona e Nigrán.

As cámaras dos colegas de Gondomar .tv rexistraron a saída do alcalde e os demais membros de goberno,  que foron escoltados pola policía local, á vez que un coro improvisado de aforristas lles berraban "Compromiso! Compromiso!"

 

Dim lights Embed Embed this video on your site