Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Beiras esixe que a Xunta anticipe o pago aos afectados: "Se non o fan, serán tamén delincuentes"

Beiras esixe que a Xunta anticipe o pago aos afectados: "Se non o fan, serán tamén delincuentes"

Correo-e Imprimir PDF
beira-ngb-3
beiras-ngb-4
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Xosé Manuel Beiras mantivo un encontro cos afectados pola estafa das caixas galegas en Gondomar.

-AGE estuda montar "unha loxística" que permita defender ao colectivo na vía xudicial.

-Beiras aposta pola vía penal para que os responsables da estafa das caixas galegas "respondan polo que fixeron".

 

Xosé Manuel Beiras comezou o diálogo cos afectados polas estafas das caixas galegas afirmando que a súa coalición está estudando "artellar unha loxística" que permita pola vía da xustiza defender ao colectivo. Nese senso, agregou que o estudo inclúe a vía penal porque será "a única maneira de que os responsables realmente respondan polo que fixeron". O parlamentario autonómico non dubidou en definir a actuación das entidades financeiras como "un delito de estafa monumental".

Nun diálogo directo coas persoas que están a ocupar dende o pasado 3 de decembro o caixeiro de Nova Galicia Banco en Gondomar, Beiras afirmou que na súa opinión a Xunta de Galicia debería "poñer os cartos -aínda que sexa momentaneamente- para cubrir as necesidades desta xente". Sostendo que "Se non o fan, serán tamén delincuentes" na medida que "deixen que ese delito de estafa se consume".

O líder da Alianza Galega de Esquerdas, que chegou acompañado con catro deputados de AGE, opina que os clientes das caixas galegas foron estafados a través dunha oferta de "pagarlles máis que o que habitualmente paga a banca pero sen dicirlles que na letra miúda estaba agochado un vicio oculto que non se lles di". "Iso é unha estafa total e moralmente indecente" sentenciou Beiras, para quen a resposta da Xunta até o de agora ante o problema "é un insulto á intelixencia"

Nembargante, momentos máis tarde en conversa cos afectados matizou que logo de consultar con asesores xurídicos entenden que "co aparello xurídico que está montado é difícil promover algo que poda ir adiante na vía penal". Máis afirmou que AGE seguirá estudando o tema porque "é a maneira de que os responsables realmente respondan polo que fixeron". Sobre todo -afirmou Beiras- "os dirixentes das dúas caixas, Caixanova e Caixa Galicia e no seu caso a caixa refundida".

Nese senso lembrou que ambas as dúas eran institucións de economía social e non entidades financeiras de sociedades por accións para facer beneficios. "Estaban para axudar á xente, ás pequenas empresas e as familias, pero non con fins de lucro, por iso había obra social".

"Agora se elimina a obra social e á xente que embaucaron en estafas como estas as queren deixar abandonadas. Pois a eses dirixentes, algúns dos cales marcharon con indemnizacións millonarias teñen que responder ante actividades que eu considero persoalmente que dende a criminoloxía son un crime. E así está tipificado nos códigos penais. É un delito e polo tanto todos temos que arrouparlos e dar a cara", sinalou o dirixente nacionalista.

Beiras rematou o encontro co colectivo de afectados reiterando que non é xusto que "cada un de vos teña que defenderse por separado". Afirmou que "Elles xogan con que agora que meten taxas leoninas para os cidadáns que se queiran defender é moi difícil", iniciar demandas individuais , porque moitos "non terán recursos para facelo". "Nos temos que ver como estudar como montar unha loxística de apoio aos afectados a través de avogados", finalizou.

O encontro de Beiras cos afectados foi seguido por un importante número de persoas que se achegaron ante a sucursal de NGB en Gondomar. Os deputados Juan Manuel Fajardo, Antón Sánchez, Consuelo Martínez e Eva Solla- pasarán a noite do xoves ao venres xunto aos afectados que están a ocupar o caixeiro de NGB.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site