Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Alcaldes reclámanlle á Xunta unha solución urxente para os seus veciños afectados polas preferentes.

Alcaldes reclámanlle á Xunta unha solución urxente para os seus veciños afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
ocupacion-gondomar-1

-A reactivación dos arbitraxes e a oposición a que teñan lugar quitas nos depósitos dos aforristas foi o reclamo dos rexedores transmitido ao conselleiro Francisco Conde.

-Fernando Guitián (Gondomar) foi o alcalde que representou aos concellos do Val Miñor na xuntanza desta tarde en Santiago.

A reactivación inmediata dos arbitraxes de consumo e o reclamo de non aplicar quitas aos aforristas foron os temas principais plantexados polos alcaldes dos concellos afectados pola comercialización de participación preferentes ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. A reunión tivo lugar esta tarde en Santiago, na que participou o alcalde Fernando Gutián quen sinalou que xunto cos seus pares transmitíronlle claramente ao conselleiro os reclamos e a situación pola que están a pasar os seus veciños .

Na reunión, na que participaron os alcaldes dos concellos de Tui, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Oia, Gondomar, Bueu, Sanxenxo, Boiro e Ribeira, e a tenente de alcalde de Cangas, que tiñan solicitado un encontro co titular de Economía, Conde sinalou que "a Xunta está a defender desde o primeiro momento a arbitraxe de consumo como a solución para que os aforradores que foron enganados recuperen os seus cartos de maneira íntegra".

Nembargante sinalou que o ritmo de celebración das vistas depende "en todo momento das aceptacións do banco, tramitadas con puntualidade polo Instituto Galego de Consumo (IGC), que axusta en todo momento o seu sistema á carga de traballo. É o banco, a través dunha consultora imposta pola UE, a que determina os casos aptos para a arbitraxe", dixo Conde.

Consultado o alcalde gondomareño, que ten o seu concello ocupado dende finais do 2012 por un grupo de aforristas, sinalou que Conde indicoulles que a Xunta "está a instar ao Banco a que garanta que todos os casos de aforradores sexan tratados da mesma maneira".

Por outra banda, o rexedor informou que o conxunto de alcaldes preocupouse en deixarlle claro ao conselleiro a problemática que están a vivir os seus veciños e a necesidade de reforzar as vías políticas na busca dunha solución urxente e definitiva ao tema.

O rexedor mantivo previo á reunión, unha comunicación cos seus pares de Baiona e Nigrán, ca fin de levar tamén á consellería información da situación neses municipios miñoranos. Guitián salientou que a posición dos alcaldes foi monolítica e animados polo mesmo sentimento de darlle unha solucións aos seus veciños.