Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Aforristas estafados polas caixas convocan á veciñanza a unha “gran manifestación” por Gondomar o luns 3 de xuño.

Aforristas estafados polas caixas convocan á veciñanza a unha “gran manifestación” por Gondomar o luns 3 de xuño.

Correo-e Imprimir PDF
Recente manifestación en Vigo contra as quitas nas preferentes e subordinadas (©Miquel Núñez G.C.)

A Plataforma de Preferentes e Subordinadas de Gondomar conmemorará os seis meses de encerro cunha manifestación pola vila o vindeiro luns 3 de xuño. A concentración partirá da casa consistorial que seguen a ocupar, ás 19:30 horas para posteriormente percorrerán as rúas. Os afectados sinalan que cursaron invitacións aos tres alcaldes do Val Miñor, a totalidade dos partidos políticos e sindicatos, na procura do seu apoio á medida.

Das 450 persoas afectadas por preferentes e subordinadas do concello tan só 108 delas recuperaron ata de agora os seus aforros, sinalan fontes do colectivo. Próximo a unhas 200 están á espera da convocatoria de arbitraxe. “Os demais estamos esperando que vamos a perder parte ou todo dos nosos cartos grazas a NCGBancoque nos enganou e a este goberno que está permitindo esta estafa masiva”, denuncian os preferentistas.

Segundo cálculos da plataforma, en Gondomar hai “máis de 1 millón de euros atrapados nesta estafa”, co conseguinte prexuízo para a economía local. Rocío Cambra, portavoz do grupo, informou que o feito de que moitas das persoas teñan sido estafadas cos dous produtos, plantexa o caso de que teñan cobrado unha parte ou encamiñada nun arbitraxe, mentres viven con incerteza o futuro do resto dos seus aforros. Segundo Cambra, os portadores de débeda subordinada son os que se atopan maioritariamente neste último caso.