Venres, 8 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG apoia aos afectados polas preferentes que estes días están mobilizándose en Gondomar

O BNG apoia aos afectados polas preferentes que estes días están mobilizándose en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
protesta ngb_vigo

O BNG de Gondomar expresou o seu apoio aos afectados polas participacións preferentes que nestes días están a mobilizarse ante a oficina de Novagalicia Banco de Gondomar, sucursal en que se tramitaron estas participacións a pequenos aforradores que non foron informados do risco da operación que contrataban.

 

Este mércores 13 de novembro os afectados reiteraban as súas protestas ante a oficina de Novagalicia Banco en Gondomar.

Para o BNG, "é evidente que a Xunta de Galiza non exerceu debidamente as súas funcións de supervisión sobre as caixas galegas e esa inhibición permitiu que os ex directivos saqueasen esas entidades e con iso os cartos de milleiros de galegos e galegas".

A agrupación gondomareña do Bloque que xa organizara no mes de abril un acto coas persoas afectadas para trasladarlle as súas propostas reiterou a súa vontade de porse á disposición dos afectados.