Mércores, 17 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Desaloxo e reocupación do caixeiro de NGB en Gondomar na mesma mañá.

Desaloxo e reocupación do caixeiro de NGB en Gondomar na mesma mañá.

Correo-e Imprimir PDF
ngb desaloxo

Un operativo da Garda Civil desaloxou ás 9 da mañá ao grupo de clientes de NovaGalicia Banco que ocupaban o caixeiro da sucursal Gondomar. O operativo tivo lugar sen incidentes xa que os aforristas decidiron saír sen opoñer resistencia, tras 8 días de ocupación permanente en reclamo da devolución dos seus aforros retidos a través de participacións preferentes e débedas subordinadas. Valminor. Info, único medio presente nese momento, puido observar un trato respectuoso entre os dous axentes que levaron adiante a orde xudicial de desaloxo e os veciños que ocupaban. No momento de redactar este artigo, o caixeiro volve a ser ocupado por outro grupo de afectados.

Minutos antes das 9 horas, a sucursal de NGB Gondomar xa rexistraba un tránsito importante de clientes. Dous patrullas da Garda Civil, aparcadas as portas do Concello de Gondomar ( a uns 50 metros da sucursal bancaria) preparaba o operativo para levar adiante a orde xudicial de desaloxo, dos ocupantes do caixeiro de NGB. Testemuñas sinalan que varias unidades máis atopábanse en apoio en diversos puntos da vila.

Sobre as 8:30 horas, un axente que se identificou co grao de capitán, presentouse ante os afectados sinalando que tiña unha orde xudicial "verbal" para proceder ao desaloxo. Os ocupantes tras deliberar e observando o operativo que rodeaba a zona, decidiron saír sen opoñer resistencia.

Sobre as 9 horas, outros afectados, alertados da presenza do operativo ían achegándose a zona e comezaron os rumores dunha nova ocupación con outros protagonistas. Ás 10 da mañá, a reocupación do local tivo lugar por parte de outras catro persoas.