Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O 47% dos aforristas estafados polas caixas en Gondomar acceden aos arbitraxes tras catro meses de loita.

O 47% dos aforristas estafados polas caixas en Gondomar acceden aos arbitraxes tras catro meses de loita.

Correo-e Imprimir PDF
preferentes-peche-concello


Este mércores 3 de abril cumpliran se catro meses do encerro que levan adiante os veciños afectados polas preferentes e subordinas das caixas galegas en Gondomar. Nunha breve reflexión sobre os logros desta medida, a portavoz da plataforma que os agrupa, Rocío Cambra, salienta o feito de que a loita permitiu xa que un 47% dos case 400 aforristas estafados no municipio conseguiran acadar o arbitraxe de consumo para recuperar os seus cartos. Unha cifra que estaría moi por enriba da situación dos outros concellos miñoranos onde non se formaron plataformas deste tipo.

Aínda que a pantasma das quitas anunciadas por NGB sobrevoa o ambiente, "de momento non entraron", comenta Rocío, quen confía que a constancia nas reclamacións e actos públicos levados adiante polos veciños tamén teñen a súa pegada no feito. Unha presión que medra en participación veciñal día a día segundo o constatan a maior cantidade de persoas que participan nas quendas de ocupación do Concello de Gondomar e nos diferentes actos públicos, afirma a portavoz.

Nembargante, a plataforma entende que aínda falla unha acción política máis comprometida por parte dos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán –todos do Partido Popular- para contrapoñer os intereses dos veciños por riba dos partidarios. Salientan que as mocións que a comisión de traballo que funciona en Gondomar –integrada por tódolos portavoces dos grupos municipais, incluído os do PP-, logo son rexeitadas polas maioría Popular no parlamento galego, sen que iso teña repercusión algunha nas autoridades dese partido a nivel local.

Nin tan sequera puideron concretar unha reunión pedida dende hai meses polos afectados para reunirse cos tres rexedores do Val Miñor aos efectos de falar do problema. Feito que os veciños entenden como unha mostra máis da dobre cara coa que se están a manexar os representantes locais do PP nesta materia.

A pesar dos catro meses que estas persoas levan nesta situación anuncian que non deixarán nin un só día sen ocupar o Concello nin de facer mobilizacións nas rúas ate conseguir a devolución total dos seus aforros.