Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Beiras e catro deputados de AGE pecharanse este xoves no caixeiro de NGB de Gondomar en solidariedade cos afectados polas preferentes.

Beiras e catro deputados de AGE pecharanse este xoves no caixeiro de NGB de Gondomar en solidariedade cos afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
ngb-gondomar


Xosé Manuel Beiras manterá unha xuntanza cos afectados a partir das 22:30 e posteriormente poñerase ao dispor dos veciños que se acheguen ao caixeiro de NGB para escoitar e atender as demandas e opinións de persoas e colectivos.

- Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, Antón Sánchez, Consuelo Martínez e Eva Solla- pasarán a noite do xoves ao venres cos afectados polas preferentes.

M

O líder de AGE, Xosé Manuel Beiras acompañado por catro deputados autonómicos da coalición uniranse este xoves ao peche que manteñen afectados pola estafa das preferentes e subordinadas no caixeiro de Nova Galicia Banco en Gondomar. A representación de parlamentarios de AGE chegará sobre ás 22:30 horas. No caso de Beiras, manterá unha reunión cos afectados e posteriormente con "tódolas persoas que queiran achegarse ao local bancario", no que permanecerá ata a media noite, segundo informou Josué Villar, membro da coalición en Gondomar.

Pola súa banda, os deputados por Pontevedra Juan Manuel Fajardo, Consuelo Martínez e Eva Solla, xunto co da Coruña, Antón Sánchez, pasarán a noite xunto co grupo de afectados que manteñen o peche dende o pasado luns 3 de decembro. Os catro parlamentarios ficarán dentro do caixeiro xunto coa quenda dos ocupantes prevista para esa madrugada, mantendo o peche ata as 10:30 horas do venres.