O PSOE de Nigrán organiza para este mércores 6 de marzo ás 16:30 horas unha cita co actual portavoz de economía do PSOE no Congreso dos diputados. Valeriano Gómez, ex-ministro de traballo durante a última etapa do goberno de Zapatero, reunirase na sede dos socialistas en Nigrán acompañado do secretario xeral dos socialistas en Pontevedra, Santos Héctor, e a diputada autonómica Carmen Gallego.
O portavoz do PSOE de Nigrán, Juán González, sinala que dan por cumprido o seu compromiso no último pleno de traer aos máximos representantes do seu partido para acadar apoios no tema da estafa das preferentes.
Os representantes políticos acudirán para escoitar aos portavoces das plataformas de afectados do Val Miñor, Vigo e sur da provincia.