Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Entrevista a Emilio García Crego, ex-director de oficina de Caixanova e actual concelleiro non adscrito (Anova) de Gondomar.

Entrevista a Emilio García Crego, ex-director de oficina de Caixanova e actual concelleiro non adscrito (Anova) de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
entrevista-crego

A principios de abril tivo lugar unha entrevista de Gondomar.tv ao ex director da oficina de Caixanova e actual concelleiro non adscrito (ANOVA) no municipio, Emilio García Crego. A mesma desenvolveuse na Tapería Ardora de Mañufe, e Valminor.info participou grazas a un convite achegado pola produción dos colegas gondomareños. No encontro, García Crego fai un percorrido pola súa traxectoria profesional dende a mocidade, pasando pola súa actividade bancaria ata chegar ao presente, onde asume como concelleiro da oposición nacionalista no Pleno da Corporación de Gondomar.

 

O faladoiro, enmárcase nunha serie de crónicas que Gondomar.tv está a facer con persoeiros do concello, e que entre outros ten acadadas conversas con Gonzalo Fernández de Córdoba e Narváez (actual conde de Gondomar), o ex alcalde Ramón Sestelo, Calos Méixome (director do IEM), a Comunidade de Montes de Vincios e o ex tenente de alcalde e actual concelleiro polo PP Eladio Costas.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site