A batalla das preferentes non parece ter tregua e oas aforradores galegos estafados polas caixas galegas non dan a guerra por pedida e chegan coas súas protestas ante a UE logo da falta de investigación e implicación dos gobernos de Galicia e España.
A policía cargou contra a plataforma de afectados, entre outros colectivos, que estaban apostados ás aforas do pavillón dos Remedios de Ourense durante o mitín de peche de campaña do Partido Popular.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia decidiu privatizar a xestión do conflicto.
Así o recolle o diario galego Praza Pública e o diario dixital eldiario.es ante a sorpresa do resto dos medios que alí se atopaban e que non se percataron do acontecido las propias inmediacións do pavillón. As imaxes e testemuñas audiovisuais foron recollidas polo fotógrafo ourensán Oscar Pinal, colaborador entre outros, de valminor.info
Unha forte carga policial despediu a campaña do PP en Ourense. Segundo denuncian varios coletivos, numerosas persoas sufriron golpes por parte das forzas de seguridade ás portas do pavillón dos Remedios da cidade das Burgas, onde se manifestaban afectados polas participacións preferentes, así como un grupo de estudantes, que berraban contra as políticas levadas a cabo polos conservadores.
A Policía cargou contra afectados polas preferentes e estudantes
O colectivo Estudantes den Futuro denuncia que no mitin houbo "un desproporcionado número de antidisturbios" que acabaron por levar a cabo unha carga "brutal, desproporcionada e arbitraria". Segundo esta organización, foron golepeados case todos os mozos presentes e algúns deles acabaron con fortes hematomas, tal e como se pode apreciar nas imaxes captadas polo fotógrafo Oscar Pinal.
Incluso denuncian que houbo xente que sufriu paus na cabeza e que quedaron semi-inconscientes no chan. Unha rapaza tivo que ser trasladada ao hospital por golpes no pescozo, logo de que foran detidas e identificadas varias persoas.
O inicio da campaña tamén comezar con polémica arredor das actuacións policiais, logo de que varios axentes cargaran contra manifestantes do sector naval en Ferrol. Daquela fora detido o responsable comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, quen denunciou torturas.
Dim lights Embed Embed this video on your site
Os afectados galegos denuncian na UE a "estafa" das preferentes
Os afectados polas preferentes dan un paso máis. Fartos da falta de resposta política e incluso xudicial, as plataformas da Coruña e de Vigo veñen de presentar unha denuncia na UE, a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, polo que consideran "unha estafa" que sufriron máis de 70.000 persoas en Galicia. Solicitarán a devolución íntegra dos seus cartos e que Bruxelas "abra unha investigación sobre os directivos das caixas galegas" que permitiron esta situación, polo que pedirán tamén que se "depuren responsabilidades políticas e penais" sobre os responsables das antigas entidades de aforro.
Farano a través do europarlamentario de Izquierda Unida, Willy Meyer, vicepresidente da devandita comisión, e co apoio de Alternativa Galega de Esquerda. A súa número dous, Yolanda Díaz, explicou este venres na Coruña un novo paso que está liderado polas plataformas de afectados polas preferentes de Vigo e da cidade herculina, pero na que se anima a outros colectivos galegos e estatais a que se unan a esta denuncia, que provocará que institucións europeas "recollan toda a información necesaria e investiguen o procedemento das preferentes", así como que os afectados "acudan a Bruxelas a explicar directamente e con detalle a estafa que sufriron".
Será neste vindeiro mes cando a Comisión de Peticións da UE decida se admite a trámite a denuncia -algo moi probable vistos os antecedentes-, o que permitiría incluso que representantes das insititucións europeas acudisen a Galicia a investigar a "fraude" das preferentes.
"A UE segue considerándonos investidores porque ninguén lles explicou que somos aforradores estafados", di a voceira da plataforma da Coruña
Ana Cedeira, voceira da plataforma da Coruña explicou nunha comparecencia ante a prensa que este novo paso pretende que se faga xustiza co que considera "terrorismo financeiro contra a vida humana". "Foi unha trama creada polos banqueiros e apoiada polos gobernantes", asegurou, logo de aclarar que a Unión Europea segue considerando aos afectados "investidores" porque "ninguén lles foi explicar que somos aforradores estafados". Agora saberano.
"É un drama humano, roubáronnos a vida"
Cedeira explicou que a solución que lle achega agora a clase política é "que perdamos o 70% ou 80% dos nosos cartos". "O único pecado que cometemos os afectados foi confiar nos empregados das caixas que, malia as ameazas dos seus xefes, demostraron non ter ética nin moral", dixo con contundencia. "É un drama humano porque a moitos quitáronlles os aforros de toda a vida, roubáronlles a vida", rematou a voceira da plataforma da Coruña, que advertiu das consecuencias que terían unha solución desfavorable para os afectados. "Hai quen xa dixo que lle daba igual ir ao cárcere que ao cemiterio; están dispostos a todo", finalizou.
A policía carga contra a plataforma de afectados polas preferentes de Ourense e outros colectivos apostados diante do mitín de peche de campaña do Partido Popular en Ourense.
Unha forte carga policial despediu a campaña do PP en Ourense. Segundo denuncian varios coletivos, numerosas persoas sufriron golpes por parte das forzas de seguridade ás portas do pavillón dos Remedios da cidade das Burgas, onde se manifestaban afectados polas participacións preferentes, así como un grupo de estudantes, que berraban contra as políticas levadas a cabo polos conservadores. A Policía cargou contra afectados polas preferentes e estudantes O colectivo Estudantes den Futuro denuncia que no mitin houbo "un desproporcionado número de antidisturbios" que acabaron por levar a cabo unha carga "brutal, desproporcionada e arbitraria". Segundo esta organización, foron golepeados case todos os mozos presentes e algúns deles acabaron con fortes hematomas, tal e como se pode apreciar nas imaxes captadas polo fotógrafo Óscar Pinal. Incluso denuncian que houbo xente que sufriu paus na cabeza e que quedaron semi-inconscientes no chan. Unha rapaza tivo que ser trasladada ao hospital por golpes no pescozo, logo de que foran detidas e identificadas varias persoas. O inicio da campaña tamén comezar con polémica arredor das actuacións policiais, logo de que varios axentes cargaran contra manifestantes do sector naval en Ferrol. Daquela fora detido o responsable comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, quen denunciou torturas.
A Xunta privatiza a xestión das reclamacións
Mentres o incerto futuro de Novagalicia Banco semella relativamente desaparecido da campaña electoral e totalmente eliminado dos discursos gobernamentais, as protestas das persoas afectadas polas participacións preferentes, os produtos de investimento perpetuo que lle foron colocados a milleiros de persoas que descoñecían o que asinaban, están a ser un dos berros máis constantes -e tamén máis molestos- para o Goberno galego e, por extensión, para o partido que os sustenta. Mentres estes pequenos aforradores claman polos seus cartos e perseguen a Alberto Núñez Feijóo alí onde vai dar un mitin, o Instituto Galego de Consumo (IGC), organismo dependente da Consellería de Industria que xestiona a arbitraxe entre os clientes e a entidade bancaria, vén de tomar unha decisión: privatizar parte da asistencia aos afectados.
Os trámites para iniciar a contratación comezaron o pasado día 2 -se ben o prego de condicións foi asinado o 12 de setembro- e van por trámite de urxencia. O IGC farase cos servizos dunha empresa privada que, mentres paira sobre o sector público a posibilidade de reducións de planteis, lle proporcione persoal de "apoio e reforzo para a tramitación de expedientes de arbitraxe de consumo relacionados coa comercialización das participacións preferentes e obrigas subordinadas". A cantidade que Consumo destinará a esta operación non é desprezable: ata 60.360 euros que, unha vez engadido o correspondente 21% de IVE, chegan a un montante de 73.035,60. Os cartos sairán do programa orzamentario que o IGC dedica a "ordenación, información e defensa do consumidor", nomeadamente do apartado "outros investimentos", que nos Orzamentos da Xunta para 2012 estaba dotado con 124.022 euros.
A Xunta gastará ata 73.035 euros na contratación da empresa privada, que lle proporcionará once traballadores
Pero, que contrata exactamente a Xunta? Os servizos dunha empresa que lle achegue persoal con "formación especializada en materia de produtos financeiros" e con condicións laborais, como os horarios, sensiblemente peores que os dun traballador ou traballadora da Administración. Concretamente, Consumo solicita seis "licenciados en Dereito", un "licenciado en Administración e Dirección de Empresas e/ou Dereito" que "exercerá as funcións de coordinador", e catro "administrativos", que ademais da formación financeira deberán ter "coñecementos de informática en varios programas de Microsoft: "Word, Excell, PowerPoint e Acces, a nivel usuario". As xornadas laborais das once persoas serán dun "mínimo" de oito horas, de luns a venres.
O labor da empresa contratada consistirá, segundo consta no prego de condicións da licitación, na "recepción, ordenación, clasificación e busca da lexislación aplicable" á devandita arbitraxe, a "introdución dos datos identificativos dos expedientes no soporte informático", a "comunicación cos afectados para información previa da oferta da entidade bancaria" e "citación e fixación da data para o acto da audiencia arbitral" e "apoio nas notificacións de laudos e arquivo de expedientes". Para "elaborar unha estatística das audiencias arbitrais", a empresa terá que achegarlle "semanalmente" ao IGC "a distribución xeográfica, por concellos e provincias, dos expedientes de arbitraxe presentados", e o "número de audiencias celebradas" e de "laudos arbitrais ditados".
Dado o carácter urxente do contrato, todo isto acontecerá de inmediato e durante un máximo de "dous meses e medio" que non poderán exceder, en ningún caso, do 31 de decembro. Durante este tempo o persoal da empresa contratada prestará os seus servizos "nas dependencias do Instituto Galego de Consumo" pero "dun xeito claramente separado das dependencias nas que o IGC exerce as súas competencias". Segundo Industria, este emprazamento do persoal privado en sede pública ten a fin de "garantir unha axeitada coordinación entre a empresa" e o IGC.
Información recollida en PRAZA PÚBLICA baixo licenza CC-BY
Fotografía Óscar Pinal para Praza Pública