Venres, 8 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O conflito das preferentes agrávase: "Se nos botan dos plenos, iremos ás súas casas

O conflito das preferentes agrávase: "Se nos botan dos plenos, iremos ás súas casas

Correo-e Imprimir PDF
Protesta en Gondomar - © Pablo Banga

Os plenos de Gongomar, Porriño, Moaña e as Neves tomaron contacto xa co malestar e cabreo dos afectados que levan máis de un ano pedindo solucións aos seus representantes políticos nas distintas administracións. Sinalan que as protestas na rúa non foron suficientes para que os representantes políticos poñan fin ao seu "calvario". 

Os afectados polas participacións preferentes perden a paciencia. Os aforradores néganse a calquera troco por accións e quita, unha fórmula que será aplicada antes do 31 de marzo e que, segundo eles, podería chegar ata o 80%. A falta de expectativas, de tempo e de solucións, así como a ralentización das vistas en Consumo, fai que recrúen as protestas, que chegan agora día si e día tamén aos plenos de varios concellos galegos. O último, nas Neves, cuxo pleno municipal foi rebentado e suspendido este mércores polas protestas dun grupo de manifestantes das plataformas de Condado-Paradanta e do Baixo Miño. Durante varias horas exixiron explicacións pola suspensión e á espera de que o alcalde e os concelleiros do PP se comprometesen a poñer o seu cargo a disposición do seu partido se non se dá unha "solución política" aos aforradores. Ao tempo, noutras localidades como A Coruña ou A Laracha tamén se levaban a cabo protestas.

"Se nos fan a quita, os concellos seguirán paralizados; non imos parar ata que nos devolvan os cartos"

"Se nos fan a quita, os concellos seguirán paralizados; e se nos botan dos concellos, iremos ás súas casas. Non imos parar ata que nos devolvan os cartos", advirte Xulio Vicente, un dos voceiros do colectivo do Baixo Miño, que se queixa de que os alcaldes e concelleiros do PP "non defenden os seus veciños".

Este mércores, os afectados buscaban un compromiso semellante ao feito a pasada semana polo rexedor e concelleiros do goberno local de Oia, que aseguraron que marcharían do PP se non se devolvían os cartos das preferentes e que acusaron o Estado e á Xunta de permitir "unha inxustiza". Desta vez non acadaron resposta ningunha. O alcalde das Neves, Raúl Emilio Castro, abandonou o Concello escoltado pola Garda Civil logo de asegurarlles aos afectados que os concelleiros non podía asistir porque estaban traballando.

Os afectados buscan en concellos pontevedreses o compromiso do alcalde de Oia, que anunciou que deixaría o PP se non lles devolvían todos os cartos

"Dous deses concelleiros teñen dedicación exclusiva e non asistiron ao pleno e outro deles estaba no bar e embestiu co coche a varios dos manifestantes cando lle foron pedir explicacións", asegura Xulio Vicente, que advirte de que "a situación está chegando a uns límites que non quere ninguén", pero que asegura que, no entanto, "si parece que isto é o que quere Rafael Louzán", presidente da Deputación de Pontevedra e dirixente provincial do PP..

Foi precisamente Louzán o que reuniu os alcaldes populares de Pontevedra para emitir un comunicado conxunto no que aseguran que non aceptarán "coaccións nin accións violentas" por parte dos afectados polas preferentes e logo dos "acontecementos rexistrados no Concello do Porriño e da actitude de violencia crecente dalgunhas persoas contra os rexedores locais e membros do PP".

No Porriño, os aforradores retiveron o alcalde, Nelson Santos, ata as 5.30 da madrugada logo de que se negase a asinar unha carta cun compromiso idéntico ao do goberno local de Oia. Non o fixo e non parece que ningún rexedor popular máis o vaia facer. De aí que os afectados polas preferentes mediten xa dar un paso máis e recruar unhas protestas que xa de por si están chegando a situacións desesperadas. O episodio vivido hai xa meses no Parlamento dá unha idea da situación desesperada na que se atopan moitos aforradores.

"Os alcaldes e concelleiros parece que tomaron a decisión de colaborar co roubo"

"Os alcaldes e concelleiros parece que tomaron a decisión de colaborar co roubo; decidiron que teñen que roubarnos para salvar a banca e non o imos permitir", insiste Vicente, que recoñece que non sabe "como vai acabar isto". "Pregúntannos como nos sentimos; pois sentímonos como se nos acabasen de roubar a carteira. Que faría a xente se lla rouban, dárllela aos ladróns?", di, tras acusar as administracións e aos cargos políticos do PP de tomalos "de broma". "Con todo o que está pasando, seguen sen tomarnos en serio; se de verdade nos tomasen en serio, reuniríanse con nós e estarían buscando unha solución, pero a solución non é asinar unha declaración; estamos fartos de papeis, queremos feitos", remata.

Gondomar, Moaña, Porriño e as Neves.

As protestas das preferentes entran de cheho nos plenos municipais para visibilizar ainda máis a súa indignació ne inmobilidade das forzas políticas locais, provinciais e autonómicas pese ás boas palabras e compromisos ofrecidos.

O concello das Neves suspendeu onte o seu pleno, malia que os concelleiros do Partido Popular nin sequera se presentaron e non estaban convocados, o que provocou a ira dos afectados pondo en evidencia ao propio alcalde por non convocar aos edís. O pleno tivo que ser suspendido. As plataformas sinalanan que "non queren dar a cara ante os veciños".

Porriño viviu tamén unha intensa xornada. Esixían ao alcalde que asinase a mesma carta que o pasado venres subscribiu o rexedor de Oia, Leandro Rodríguez, ameazando a Feijoo con darse de baixa do PP en caso de non atoparse unha solución ao seu problema. Pero o alcalde, Nelson Santos, negouse a asinar a carta porque dixo que a solución aos afectados non é política. A súa resposta provocou a ira dos afectados, que non deixaron que ningún edil se movese da sala. Así estiveron até o cinco e media da madrugada.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site