Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Nova xornada de protesta dos aforristas da Plataforma Gondomar ante a sede local de NGB.

Nova xornada de protesta dos aforristas da Plataforma Gondomar ante a sede local de NGB.

Correo-e Imprimir PDF
CAM00201

Gondomar viviu este mércores unha nova xornada de protesta dos membros da Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas. O colectivo mobilizouse pola mañá dende o Concello –ao que ocupan desde decembro- ata as portas da oficina local de NGB facendo soar bocinas e pitos. Alí quedaron durante varios minutos reclamando unha vez máis a devolución completa dos seus aforros atrapados polos produtos financeiros lixo vendidos pola entidade.

 

A escena repítese día por medio, enchendo a vila condal coa "música" dos preferentistas . A plataforma que leva conseguido que próximo ao 50% dos estafados en Gondomar accedan ao arbitraxe de consumo, anuncia que manterá as medidas de mobilizacións mentres non se acaden solucións para a totalidade dos afectados.