Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Afectados polas preferentes abordan ao conselleiro Agustín Fernández na súa visita a Gondomar.

Afectados polas preferentes abordan ao conselleiro Agustín Fernández na súa visita a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
preferentes

Un grupo de clientes vítimas da estafa das preferentes/subordinadas das caixas galegas interromperon este martes o percorrido que o conselleiro Agustín Fernández facía coas autoridades municipais por mor das obras de saneamento en Gondomar. Parte dos afectados que actualmente ocupan o edificio do Concello saíron do peche co fin de esixirlle a Fernández que atopara cos seus compañeiros de goberno unha solución política ao "curraliño" no que as financeiras deixaron os seus aforros. O alcalde de Gondomar, Fernando Gutián, intercedeu na conversa que por momentos subía de ton, para pedirlle ao conselleiro que en nome dos seus veciños fixesen o posible por axilizar unha solución ao problema.

No diálogo cara a cara cos afectados, Fernández defendeu a solución arbitral e as xestións que os responsables políticos da Xunta están a desenvolver no tema das preferentes. Salientou o xeito das moitas persoas que puideron recuperar os aforros invertidos en preferentes ou subordinadas, grazas a unha arbitraxe de consumo que considerou "xusta" na medida que distingue entre os clientes que invertiron con coñecemento de causa e aqueles que foron obxecto dun engano.

Nembargantes, os veciños que levan dende primeiros de decembro de 2012 mobilizados con peches na oficina de NGB e actualmente na casa consistorial, espetáronlle a Fernández que a eles nin se lles chegou o arbitraxe ni  se les deu unha información axeitada que lles permita recuperar os seus aforros. Nese senso esixíronlle ao conselleiro que intercedera ante "o seu xefe" na Xunta -o presidente Núñez Feijoo- para que este último apreme ao estado español a adoptar unha solución política que atope unha resposta á estafa.

 A arbitraxe de dobre filo
Segundo algúns afectados, a arbritrase está sendo un "tapa furados" temporal, xa que só están devolvendo as cantidades máis pequenas bloqueadas nas preferentes e baixo uns criterios de selección que fai a propia entidade, que presupoñen os casos más flagrantes de cometar un presunto de delito por omisión e estafa. Algúns afectados sinalan que mesmo existen perfís de aforradores que teñen o diñeiro bloqueado en preferentes e subordinadas e que coa arbitraxe só recuperaron unha parte deles, pero tiveron que renunciar ao restante. Unha situación que se aproveita da desesperación das familias, moitas delas en paro, que se aferran ao pouco que queda con tal de poder saír adiante a afrontar o pago de hipotecas que inxustamente son reclamadas polo memos banco que lles ten bloqueados os seus aforros.

Os afectados quéixanse de que neste proceso de selección dos perfís que poden acudir ao arbitraxe, alguns dos afectados están sendo considerados cun perfil "inversor" polo mero feito de que nalgún momento da súa vida mercaran ou invertiran en accións de compañías, "que mercara unhas accións de telefónica fai 15 anos, non quere dicir que eu sexa unha magnate da bolsa" afirmaba esta veciña "cando merquei unhas accións de Telefónica para invertir uns aforros, foi porque o meu banco, o de toda a vida mo recomendou pero tamén sabía o risco que tiña. Aquí foi distinto, aquí o que ocorreu é que a libreta que tiña de aforros para os meus fillos cumpriran o prazo dos 10 anos e o director da caixa me dixo de renovar o plazo desa libreta de aforro igual que como o tiña antes. Esa foi a mentira e a estafa que nos meteron. Eu non son accionista de Caixanova e tampouco pedín ser".

 

Dim lights Embed Embed this video on your site