Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Pleno de Nigrán emite unha declaración conxunta a favor dos afectados polas preferentes e obrigacións subordinadas.

O Pleno de Nigrán emite unha declaración conxunta a favor dos afectados polas preferentes e obrigacións subordinadas.

Correo-e Imprimir PDF
preferentes-caixa-gondomar

O Pleno de Nigrán aproba unha moción a prol do "desbloqueo dos produtos financeiros de Nova Galicia Banco" e insta "ás institucións competentes" a seguir a vía do arbitraxe de consumo para resolver tódolos casos das persoas damnificadas coa venda de preferentes e obrigacións subordinadas.

 

Así mesmo, pide ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores que dea unha solución definitiva para a recuperación do investimento realizado polos subscritores das participacións preferentes en Galicia, así como á propia entidade, Nova Galicia Banco.

Para rematar, a corporación municipal esixe aos directivos das entidades financeiras que comercializaron estes produtos financeiros que, "dunha vez por todas, depuren responsabilidades por impulsar e cometer fraude masiva en prexuízo dos pequenos aforradores".

A declaración foi votada na derradeira sesión de xaneiro.