Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Escrache e persecución dos preferentistas aos alcaldes do Val Miñor por impedirlles o acceso ao pleno da Mancomunidade.

Escrache e persecución dos preferentistas aos alcaldes do Val Miñor por impedirlles o acceso ao pleno da Mancomunidade.

Correo-e Imprimir PDF
Alcaldes e concelleiros de Nigrán e Gondomar escoltados á saída do pleno

Medio centenar de afectados polas preferentes e subordinadas manifestáronse este martes ás portas do Concello de Baiona onde tiña lugar o pleno da Mancomunidade do Val Miñor. Un  cordón policial integrado por membros da policía local de Baiona e Nigrán e da garda civil foi o encargado de impedir o acceso dos manifestantes e incluso de algúns concelleiros, á sesión plenaria. Á saida do pleno, os alcaldes de Gondomar e Nigrán foron seguidos polos aforristas, mentres a casa do alcalde de Baiona foi obxecto dun “escrache”.

Edís do PP de Baiona e persoas afíns ao alcalde popular enchen o Salón de Plenos pola porta de atrás.

Unha vez máis a escusa das forzas de seguridade para impedir o acceso dos manifestantes ao pleno foi que o espazo reservado ao público estaba completo. Feito que, segundo a concelleira Ana Rodríguez (BNG-Baiona) era verdade, pois edís do PP local (que non forman parte da mancomunidade) máis un grupo de persoas afíns ao alcalde popular Jesús Vázquez Almuíña, ocuparon as prazas dispoñibles pese a que os aforristas agardaban dende primeira hora para poder entrar. Estratexia que xa fora denunciada no derradeiro pleno baionés.

Empurróns e insultos tras frustrarse o ingreso ao pleno.

Segundo denuncian os manifestantes, había unha promesa de deixarlles acceder ao pleno a partir das 11 horas. Mais a columna de policías locais impediron o acceso chegada a hora. O peche das portas caldeou os ánimos dos afectados que denunciaban o incumprimento das promesas e a falta de argumentos da policía local para impedir o acceso a un pleno de portas abertas ao público. A policía limitouse a dicir que cumplían órdenes para impedir o acceso ao pleno, e os afectados non tardaron en tentar acceder ante o inminente peche das portas e inicio do pleno. 

As forzas de seguridade impiden o ingreso de dous concelleiros da oposición.

Momentos antes do inicip da sesión plenaria onde se aprobaría entre outros puntos o orzamento anual da Mancomunidade do Val Miñor, os concelleiros de Nigrán Loli Araújo (PSOE-Nigrán) e Xabier Rodríguez (BNG-Nigrán) tentaban identificarse ante o comando de seguridade ca fin de ingresar á sesión.  Os edís amosaron a acta da convocatoria e os seus respectivos DNIs. Nembargante, e segundo testemuño de ambos os dous concelleiros, os policías locais de Baiona afirmaron non conocelos e impedíronlles o ingreso. Motivo polo que o PSOE de Nigrán impugnará a sesión plenaria dada a gravidade dos feitos e ante actitude "chulesca" da policía local de Baiona e Nigrán que se limitaron a preguntarse entre eles:  "¿A ti te suena ésta?. Dice que es concejala de Nigrán" preguntando a un policía local de Nigrán - "No, yo no la conozco. A mi no me suena de nada" repondía o policía de Nigrán -. "A mi tampoco. No puede pasar."  mentras a concellala tentaba identificarse ante a policía co seu DNI e coa convocatoria do pleno que, e segundo o seu testemuño, negáronse a comprobar pese a requerirllo en varias ocasións.

Persecución aos alcaldes de Nigrán e Gondomar.

Rematada a breve sesión da Mancomunidade, o alcalde Jesús Vázquez Almuíña permaneceu na casa consistorial, mentres os seus homónimos Alberto Valverde (Nigrán) e Fernando Guitián (Gondomar) tiveron que enfrontar a "choiva" de berros e abucheos dos manifestantes que lles agardaban á saída do consistorio . Momento aproveitado polo restos de políticos participantes para fuxir da marea de camisetas laranxas que se espallaban polo casco vello de Baiona.

O alcalde popular Fernando Gutián, e mais a concelleira Paula Bouzós (Educación – Gondomar) foron os que atravesaron os momentos máis tensos ao ter que camiñar varios centos de metros escoltados pola Policía Local de Garda Civil e perseguidos por decenas de manifestantes que non deixaban de protestar e facer soar os pitos. Guitián que é o único dos alcaldes do Val Miñor que ten a casa consistorial ocupada por unha plataforma de aforristas, intentou comezar un faladoiro cos perseguidores (maioritariamente das plataformas de O Baixo Miño e O Condado), mais a súa iniciativa non tivo eco e debeu saír de Baiona nun coche da Garda Civil.  

Escrache na casa do alcalde de Baiona.

Frustrados polo incumprimento da promesa de recibirllos no pleno, os preferentistas decidiron rematar a xornada de protesta cun escrache ás portas do edificio onde reside o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña. O portal foi cuberto con carteis reclamando solucións ao goberno  e a recuperación total dos cartos retidos polas entidades financeiras. 

PSOE e BNG estudan impugnar a pleno da Mancomunidade do Val Miñor.

Pola súa banda, o concelleiro Xabier Rodríguez (BNG), manifestou que estudará impugnar o pleno por “irregular”. Unha decisión tamén adoptada polo PSOE de Nigrán.  Impugnarán o pleno polo impedimento a ingresar á sesión a varios membros e representantes dos partidos electos. Posición que foi apoiada pola tamén concelleira nacionalista Ana Rodríguez (BNG-Baiona), quen falou persoalmente cos tres alcaldes para avisarlles do que estaba a ocorrer cos edís de Nigrán, motivo polo que abandonou o pleno ante a negativa do alcalde de Nigrán de deixalos pasar.