Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar: O BNG provocou o Pleno extraordinario… sen sabelo.

Gondomar: O BNG provocou o Pleno extraordinario… sen sabelo.

Correo-e Imprimir PDF
EdificioConcello

O grupo municipal do BNG non sabía que ao solicitar o Pleno extraordinario para tratar o tema do parque eólico con seus cinco concelleiros obrigaba ao goberno municipal de Gondomar baixo imperativo legal a convocalo. De feito os nacionalistas presentaron no Rexistro Xeral do Concello a convocatoria o pasado 22 de decembro e enviaron aos medios de prensa un comunicado onde pedían a adhesión dos concelleiros Ignacio Troncoso (PP) e mais José Carlos Cabaleiro (Non adscrito) por ser o primeiro membro da Xunta Reitora da Comunidade de Vincios e o segundo veciño da parroquia. A “invitación” segundo os cálculos feitos polos nacionalistas era aos efectos de acadar o número necesario de membros para lograr a convocatoria por imperativo legal. O que non tiveron en conta é que os cinco concelleiros xa eran suficientes por mandato legal.

O erro foi exposto por uno dos involucrados, o concelleiro José Carlos Caballeiro quen denunciou noutro escrito “a total ignorancia del funcionamiento de los Ayuntamientos” por parte dos nacionalistas. O edil ex PSOE cita o artigo 46.2 da Lei de Bases do Réxime Local que di que para convocar o Pleno fai falla unha cuarta parte dos concelleiros. O total dos mesmos no Pleno Municipal é 17 “por lo tanto con 5 ya la obtienen”. Cabaleiro agrega no seu escrito que “de todos modos si se dignaran a proponerme la fima, sin ningún problema les hubiese firmado la convocatoria.” Como xa publicara Valminor.info o pedido do Pleno xurdiu dunha reunión da Comunidade de Montes de Vincios cos partidos políticos onde foron excluídos os catro concelleiros non adscritos: Alfonso De Lis, Teresa Pereira Capel, Manuel Gómez González e mais Cabaleiro.

Cabaleiro denuncia que o BNG intenta “politizar” o tema e “sin buscar ningún tipo de apoyos, por su cuenta buscando únicamente algún rendimiento político convoca un Pleno monográfico para tratar exclusivamente este tema.” O concelleiro non adscrito agrega que “la falta de comunicación puede llevar la propuesta al fracaso pues sí es cierto que los comuneros de Vincios nos oponemos al Plan Eólico, este también afecta a las parroquias de Chaín y Morgadáns, los cuales de momento no se han pronunciado ni a favor ni en contra, ante esto ¿qué pasará si dos tercios de los afectados se manifiestan a favor?

Pola súa banda, o candidato á alcaldía polo BNG Xosé Antón Araúxo confirmou a Valminor.info a equivocación á que cualificou de “erro de transcrición”. De feito o texto do comunicado xa foi modificado na portada do Blog dos nacionalistas de Gondomar.

O Pleno extraordinario se realizará o próximo mércores día 12 de xaneiro ás 20 horas no Auditorio Luís Tobío de Gondomar.